Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Valentín Paz Andrade, homenaxeado do Día das Letras Galegas 2012

 

Biografía


O político galeguista, xurista, poeta e ensaísta Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1897 en Lérez, Pontevedra e morreu en Vigo o 19 de abril de 1987.
Casa natal de Valentín Paz Andrade
Foi fillo de Francisco Paz Cochón ( concelleiro do concello de Pontevedra ) e Matilde Andrade Tojeiro, quen logo tiveron tres fillas máis: Matilde, Carmen e Castora ( a cal morreu moi nova ).

Licenciado en Dereito en 1921 pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra.

Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista, participando na II Asemblea Nacionalista de Santiago de Comspostela ( 1919 ), e sendo colaborador do xornal Gaceta de Galicia. Foi director do xornal galeguista Galicia entre 1922 e 1926, cando foi pechado pola dictadura de Primo de Rivera.

Logo desta caída presidiu o Grupo Autonomista Galego ( 1930 ), que constituía o núcleo do galeguismo en Vigo e, trala integración daquel no Partido Galeguista, foi dirixente de dito partido, del que foi nomeado secretario en 1934.

Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 pola Candidatura Galeguista, xunto a Castelao e Ramón Cabanillas, sen éxito ( posiblemente debido ás irregularidades, fundamentalmente a prol do Partido Radical ). Ademáis, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos ( 1931 ) e publicou diversos artigos políticos en El Pueblo Gallego.Estatua de Valentín Paz Andrade

Co estalido da Guerra Civil axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente, foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Villanueva de la Serena ( Badajoz ).

A longo da súa vida, e debido aos seus artigos e á súa vinculación política, foi detido en diversas ocasións.

Foi director da revista Industrias Pesqueras ( 1942 ). Avogado de prestixio en Vigo, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que se convirtiu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente ( 1960 ).

Traballou tamén como técnico da FAO, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera ( 1954 ).

Ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica. Nesta época seguiu colaborando en El Pueblo Gallego e publicou diversos artigos en Faro de Vigo e La Noche. asinados cos alcumes M. Xan Quinto e Mareiro.Valentín Paz Andrade e Eduardo Blanco Amor

A partir de 1945 organizou a tertulia do café Alameda de Vigo, onde se reunía con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego e os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros.

De novo en política formou parte da Xunta Democrática da Comisión dos Dez, e da Plataforma de Organizacións Democráticas, e foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas eleccións de 1977. Nas eleccións de 1979 repetiu candidatura, pero esta vez sen éxito.

No ano 2012 se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Obra

Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que refrexou a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.Tumba de Valentín Paz Andrade

Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha motivación patriótica, como se pode observar en Soldado da morte ( 1921 ), Pranto matricial ( 1954 ), no que evoca á morte de Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), na que canta á paisaxe e á xente galega, ademais do exilio e o amor ausente.; Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985), no que incluíu as composicións adicadas ao autor ourensán.

Colaborou en O Ensino, Grial y Outeiro con artigos sobre literatura, especialmente arredor da figura de Castelao; e en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artigos económicos e políticos.

 

Ensaio literario, histórico e económico

Galicia como Tarea (1959).

La anunciación de Valle-Inclán (1967).

La marginacíón de Galicia (1970).

A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).

Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro, 1982).

Galiza lavra a sua imagem (1985).

 

Sobre temas pesqueiros

Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928).

Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).

Sistema económico de la pesca en Galicia (1958).

Los derechos sobre el Valentín Paz Andradeespacio marítimo (1960).

El capital como factor del desarrollo de Galicia (1970).

El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1974).

 

Poesía

Pranto matricial (1954).

Sementeira do vento (1968).

Cen chaves de sombra (1979).

Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Narrativa Soldado da morte (1921), inédita.

 

Premios e distincións

Foi membro da Real Academia Galega (1964) e da Academia Gallega de las Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), a Medalla de la Ciudad de Pontevedra (1979), a Medalla Castelao (1984), la Medalla de Oro de la Ciudad de Vigo (1986) e o Premio Trasalba de la Fundación Otero Pedrayo (1986).

Escollido o sábado 4 de xuño do 2011 para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2012

 

Vida persoal

Foi pai do empresario Afonso Paz-Andrade e tío da científica Inmaculada Paz-Andrade.

 

Bibliografía

Calvo, Tucho (1998). Valentín Paz-Andrade, a memoria do século.

Sada: Edicións do Castro. ISBN 978-84-7492-904-1.

Portela Yáñez, Charo (1999). Valentín Paz-Andrade : escritor, xornalista e poeta : avogado, político e empresario : Galicia como tarefa. Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-273-1.

Freixanes, Víctor F. (1982). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-248-9.


Escolma da obra de Valentín PAZ ANDRADE