Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Glosario de Gastronomía e Cociña de Galicia

Letras   A    B - Ch     D - L    M - Q     R - Z

raba
Cebo para a pesca da sardiña feito con ovas de bacallao.

raspa
1. Espiña do peixe. 2. Restos de alimentos que quedan pegados nun recipiente despois de cociñalos.

rebanda
Tallada, máis longa que ancha, de pan, queixo, roscón, ...

tallada
Porción cortada dun comestible. Pode ser:
_ alargada, posta.
_ de carne, xixa.
_ de peixe, tora.
_ redondeada, toro.

talladeira
1. Coitelo curvo de cociña. 2. Pequena táboa onde se colocan os alimentos para cortalos ou picalos.

tulla
Artesa grande feita de pedra onde só se garda o gran. Polo xeral, facíase nunha esquina da casa para aproveita-lo espacio. Aparece citada nos foros dos mosteiros galegos do século XV.

turrón
Doce típico do Nadal feito con améndoas, azucre ou mel e ovos. No A. H. P. De Pontevedra atópase un documento do ano 1603, no que o Alcalde de Pontevedra (Rodrigo Mariño de Lobera) pídelle a doña Ynés de Aballe Mariño, de Redondela, "[...] seis doçenas de biscochos; seis doçenas de mazapanes; çinco de Tu Ron de almendra; y cuatro de Cuadros de huevos reales; dos Coronas de adviento (roscón)" para agasallar ó Arzobispo de Santiago na súa visita á cidade.

vafío
Cheiro desagradable dun animal morto e aínda quente ó abrilo en canle.

Diccionario de cociñavaseira
1. Caixa de madeira para garda-los vasos e copas. 2. Anaquel de pedra ou ladrillo nas paredes da cociña para pousa-los vasos, vasixas, pratos ou xarras.

zarapallada
Mestura desordenada dos ingredientes do almoado ou dun recheo de empanadas ou doces.

zarrabullo
Doce co que se rechea o bandullo do porco.

zorollo
1. Abruño. 2. Pedazo groso de carne ou dunha masa. 3. Froita de óso sen madurar. 4. Froito do loureiro.

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro