Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Glosario de Gastronomía e Cociña de Galicia

 

Letras   A    B - Ch     D - L    M - Q     R - Z

maquía
Artesa 1. Cantidade de gran ou fariña coa que se lle pagaba ó muiñeiro. Medíase co maquilandeiro, e a persoa encargada de cobrala é o maquieira. Víñase pagando un cuartillo por cada ferrado, pero por mor do posible abuso no peso da maquía, o labrego quedabase no muiño, de día ou de noite,para evita-lo posible fraude. Desta costume aparecen os contoas das muiñadas. 2. Refraneiro:

- ¡Un día no muiño!, un día non é nada. ¡Unha semaniña enteira!, eso sí que é muiñada.
- Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro.
- O muiñeiro maquieiro, cóidase o amo do rueiro.

maseira
1. Artesa grande onde segardaba a fariña ou se amasaba o pan. 2. Pano para tapa-la masa mentras leveda.
mazarelo. Morteiro.

míllara
Ovas do peixe e da nécora.

moxega
Moxega Vasixa troncocónica de madeira empregada para pisa-los acios na adega.

narvaso
Caña do millo, con follas pero sen espiga.

navazo
Horta no areal da praia.

ola
1. Vasixa redonda de barro para cociña-las viandas. 2. Xícara de barro para leva-la auga da fonte. 3. Cocido doRecipientes medciodía con verduras e legumes. 4. Medida de viño equivalente a 16 litros. 5. Refraneiro:

- A ola sen verdura non ten gracia nin fartura.
- Boas olas, boas sobras.
- Nin ola sen touciño, nen xantar sen viño.
- Ola de moitos nunca ben coce.

oliscar
1. Ulir con insistencia un alimento para topar un arrecendo en concreto. 2. Empezar a cheirar mal as carnes.

pan
1. Masa feita con distintos tipos de fariña, sal, auga e fermento que, unha vez levedada e cocida no forno, sir ve como alimento. Algúns tipos de pan coñecidos:
_ abenzoado, o da misa.
_ albeiro, o de trigo moi branco.
_ asmo, ten becerra por cocer ou levedar pouco.
_ da borralla, a bica, cocido debaixo das cinzas.
_ de entrepeneiras, integral de hoxe.
_ de figos, a xeito de tortas con figos, améndoas e especias.
_ de monición, o que se lle dá no rancho á tropa
2. Refraneiro:

- Antes o pan que o viño, antes o touciño que o viño, e antes touciño que liño.
- Pan con fartura e viño con mesura.
- A quen lle sobre pan, que manteña ben o can.

queipo
Cesto de vimbios dunha asa para a froita.

 

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro