Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Unha baralla do Século XVII

FONTE: CULTURAGALEGA.ORG

 

Este documento foi elaborado a partir dos orixinais conservados na Biblioteca do Instituto Teolóxico Compostelano, radicada no convento de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela).

Unha "Biblia" do século XVII é trasladada dende o Convento do Carme (Padrón, A Coruña) ata o OTC (Instituto Tecnolóxico Compostelano) para a súa catalogación.  Entón os investigadores advertiron que as tapas eran máis grosas co habitua, Daquela o cartón das tapas  dos libros facíanse aproveitando outros libros ou documentos máis antigos. Padrón, en A Coruña

 

 

Así foi que se produxo o achado deste naipes. Os pregos , aínda sen recotar, estana colcoados debaixo dos outros para facer máis duras as tapas da Biblia.   

Conservábase a baralla case enteira, malia que pola humidade as cartas dos recantos, como ser as dos ouros, sufriron unha agresión considerable.

 

TÉCNICAS DE GRAVADO

Os naioes foron feitos co antecedente da imprenta: a xilografía. Foi o método empregado para reproducir gravados ata o século XIX. Algúns o siguen a usar na actualidade.

Cun buril o estampador realiza incisións sobre unha prancha de madeira que representarán o gravado. Logo sobre esta prancha se bota tinta e vaise colocando encima de cada un dos pregos.

 

OS RESULTADOS

Esta baralla atopada non foi rematada. Isto foi útil para comprender o proceso de elaboración dun gravado a cor. Os naipes atópanse en distintos procesos de elaboración.

Pódese ver na seguinte imaxe tres etapas distintas. o "ouro" reproduce unha moeda da época dos Reis Católicos, impreso directamente da plancha, unicamente coa imprimación da tinta. A segunda está a medio facer, cuns modelos chamados "trepas" os fabricantes aplicaban as cores que definirían o debuxo completo. E a terceora. xa rematada cunha suma de seis cores.

Detalles da baralla

Cun as na tapa

Son do século XVII e constitúen a baralla máis antiga atopada en Galicia.
Os naipes foron feitos na comarca de Santiago por un descoñecido francés chamado Jean Volay de Thiers. Hoxe ven por primeira vez a luz pública, agachados durante máis de trescentos anos nas tapas dunha “Biblia”.

O achado produciuse durante unha actividade rutinaria nunha biblioteca con libros antigos. O director da Biblioteca de Estudios Teolóxicos de Galicia, radicada no Instituto Teolóxico de Galicia (ITC), Leonardo Lemos, encargou á bibliotecaria, Isabel Crespo, a restauración das tapas dunha Biblia do XVIII, que procedía do convento do Carme, en Padrón. A encadernadora, Barca Cereijo, devolveu o libro a biblioteca cun sorprendente achado que atopara nas súas tapas, un conxunto de pranchas de naipes aínda sen recortar.

Roberto, lentes de Castelao e chaleco negro, estaba acostumado a descubrir finas capas de papel entre as tapas dos incunables e atados. Moveu lixeiramente os finos dedos de tamborileiro -unha das súas afeccións- e examinou o achado con Ana Porto, a súa compañeira de investigación na biblioteca do ITC. Unha baralla de
naipes case completa, tal e como saíra impresa dunha prancha xilográfica. As pranchas xilográficas son tallas de madeira en negativo que, montadas nunha estructura, permitían a impresión con tinta.    

 

Unha baralla case completa


Estaban sen recortar, algunhas das cartas pintadas só a medias. O encadernador daquel libro, no XVIII, aproveitara posiblemente os materiais sobrantes e acantoados na súa imprenta ou no Convento do Carme. "O achado sorprendeunos", comenta Roberto, "Os naipes atopados non se separan para nada dunha tipoloxía
baixomedieval ou renacentista. Ao estar a baralla case completa, dáche unha capacidade de análise que en Historia case nunca tes". Unha rápida comprobación fíxolles saber que os naipes máis antigos atopados en Galicia ata o momento eran de primeiros do XIX. O erudito pontevedrés Xosé Filgueira Valverde atopara en realidade as pranchas xilográficas coas que se imprimiran e hoxe están depositados no Museo de Pontevedra.

Pero o achado da Biblioteca do Seminario era anterior. Como un século antes. De mediados do século XVII, o que os converte nun dos obxectos históricos do xogo máis antigos atopados no país. Os dous investigadores, Roberto e Ana, propuxéronse comprobalo. Enviáronlle copia do material a José Eguía, o director do Museo Fournier, en Vitoria; posiblemente, unha das principais autoridades en barallas históricas en Europa e xerente da principal colección de naipes do Estado. Eguía validoullo: "Non se coñece moito a Iehan Bolai. O que si se sabe é que
fabricou máis barallas. Entre outras cousas, porque nós temos unha aquí no museo, que foi atopada no pazo de Quiñones de León en Valladolid".

Consultando catálogos, comezaron a ter claras algunhas cuestións. Por exemplo, a súa inspiración. Segundo Roberto Reigosa, "este é un modelo procedente de Francia, posiblemente adaptado en Cataluña ou Valencia. Segue a tipoloxía catalana, non a flamenca da época", aínda que dunha gran calidade no seu trazo e na representación dos motivos, dos paos e das cabalerías da baralla. Outras, sen embargo, cambiaron ó longo da elaboración desta reportaxe. Pensábase que as cartas databan do século XV ou principios do XVI, polo estilo empregado. O autor,
Iehan Bolai, era un descoñecido completo. Primeiro pensouse que era xudeu. Logo o abano abríuse. O cambio na súa datación deuna Ignacio Cabano, editor do libro 

 

A chegada da imprenta a Galicia


35 anos despois da súa invención en Alemaña, a primeira imprenta de tipos móbiles chegou a Galicia procedente de Castela. Os impresores da época eran foráneos, viaxeiros ambulantes de estraños apelidos e mesmo aventureiros, e o principal -ou case único- cliente era a Igrexa. Os primeiros libros eran de uso moi frecuente: manuais e breviarios. Hoxe en día seguen a quedar moitas incógnitas sobre ese momento.

1455: Mainz, Alemaña. Johan Gutenberg inventa a imprenta de tipos móbiles e publica o primeiro libro impreso da historia de Occidente: a Biblia. A unha velocidade de transmisión inusual para a época, tódolos reinos do continente
dispoñen en menos de 50 anos de algunha imprenta de tipos móbiles. En Galicia, o invento entra dende o Reino de Castela, no que comezan a funcionar pequenos obradoiros dende 1472, a cargo a súa maior parte de estranxeiros. Durante o século XV e XVI o oficio estará dominado por foráneos que traballaban por encargo do clero da época. Ourense, Monterrei e Mondoñedo son os primeiros núcleos de producción, ós que despois se engadirían á metade do XVI Santiago de Compostela, que sería ata o século XIX a única cidade de Galicia na que existían
imprentas.


Encargos que veñen de fóra


Volvamos ó século XV. Dous burgaleses, Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro, chegan a Santiago de Compostela e entrevístanse con membros do Cabido -a Asemblea que regulaba o arcebispado de Santiago-. Chámanse a si mesmos "maestros en faser breviarios e escripturas de moldes" e convencen, despois dunha negociación económica, ó Cabido para que lles encargue 120 Breviarios, pequenos libros de oracións. Logo o Cabido os redistribuía entre as parroquias do arcebispado. O caso é que o goberno da catedral de Santiago colleulle gusto á
modernidade, porque en 1496 encargoulle a un alemán, Nicolás de Saxonia, residente en Lisboa, unha tiraxe de 1.000 exemplares: moitos máis que algunhas tiraxes de libro galego de hoxe en día. Cando os tipos se instalan en Galicia

Pero á marxe dos encargos, o certo é que cando menos dende 1494 no complexo militar e reLámina recuperadasidencial que é o Castelo de Monterrei, nos dominios do Conde de Lemos, Gonzalo de Zúñiga, comeza unha actividade de impresión bastante frenética para a época. Primeiro, un protexido do Conde: Gonzalo Rodríguez de la Pasera - asturiano, que colabora con outro impresor ambulante que se chama a Juan de Porras, e que chega ata Venecia cos seus negocios- e logo Juan Gherlinc, outro impresor ambulante que provén de Barcelona e que se instala no castelo durante un tempo, cubrindo un amplo territorio e recibindo encargos, por exemplo, da catedral de Braga . De la Pasera edita en 1494 o Misal Auriense en colaboración con Juan de Porras. Naquela época, a xente chamáballes "escribáns de libros de molde".

Pero, a diferencia do que se cría ata agora, non é o primeiro libro editado
en Galicia. Os expertos sitúan como primeiro libro galego o Breviario Auriense, un enigmático exemplar gardado na biblioteca da catedral de Ourense que despertou o interese dos bibliófilos pola dificultade da súa ubicación. Escoitemos a Odriozola -un coleccionista e investigador galego, coautor do libro "A imprenta en Galicia"- e un dos principais coñecedores no Estado do mundo dos incunables: "O Breviario é realmente sensacional" -deixa anotado no texto que realizou para a Gran Enciclopedia Gallega- "e considero que supera en interese ó famoso Misal Auriense impreso en Monterrei, pola súa maior antigüidade, por tratarse dun exemplar único e sobre todo, pola singularidade da súa tipografía, que non logrei identificar con ningunha outra nin de España nin de Europa". Ignacio Cabano, editor do libro "As orixes da imprenta en Galicia" dá tamén por válido o Breviario coma o primeiro libro impreso en Galicia. As datas: contra 1485-1490. O impresor, descoñecido.

 

De emigrantes e aventureiros

En Ourense, outro asturiano asentado na cidade edita e imprime libros: é Rodrigo de Lavandeira, cun apelido que xa galeguizara en 1490. Lavandeira é o editor do Manual Auriense, en 1510. Un Manual era un libro que contiña os ritos de administración dos sacramentos. Tiña contacto co resto do gremio de libreiros ambulantes co cal ten débedas e mantén continuo contacto. Sen embargo, non é o único especialista da cidade: un tal "Mestre Ambrosio" tivo ó cargo, ata 1509, cando decide marchar para Santiago, os libros da catedral. Pouco se sabe del. Pero a nacente Universidade de Santiago había ser máis beneficiosa para o seu negocio, e algún investigador atribúe a isto a súa mudanza.Baralla do dous de ouros

Pero Ourense é un dos lugares máis interesantes polos aventureiros impresores que recalan na cidade. O máis sorprendente é Vasco Díaz, un estremeño que deixa escrito no último libro que imprimíu, o Xardín da Alma Cristiá, algo da súa vida: "En Extremadura, que é a miña patria, chámanme Vasco Díaz, e en Portugal e Galicia
noméanme Frexenal, e nas Canarias o bacheler Tanco, e nos Reinos de Aragón e Cataluña o licenciado Casero, e en partes de Francia e Italia o Doutor do Estanco, e nas provincias de Sant Marco [de Venecia]o Mestre Clavedán e nos reinos de Grecia Cleros tegnes. E non son máis que un". Vasco Díaz consegue do bispado de Ourense o encargo de facer as Constitucións Sinodais -unha especie de actas das xuntanzas da diócese-. E para iso péchase na torre da Catedral, póndolle candado, ata conseguir imprimilas en 1544. É un impresor xa máis tardío, pero indicador do toque medio aventureiro destes textos iniciais.

 

O nome do autor Iehan Bolai é o nome simplificado de Jean Vola y de Thiers un parisino do XVII

Son os escudos das coroas de Castela e Aragón

Detalle das barallas

 

PARA SABER MÁIS 

-A voz "Imprenta" na Gran Enciclopedia Galega. O artigo, redactado por Antonio Odriozola,
un dos bibliófilos máis importantes destes país, é máis un diario da súa busca de incunables
e libros descoñecidos polos arquivos e bibliotecas deste país.
-BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R. e ODRIOZOLA, A. (1992) Historia de la imprenta en Galicia.
Biblioteca Gallega. A Coruña.
-VV.AA. As orixes da imprenta de Galicia (1991) Recopilación, introducción e edición de
Ignacio Cabano. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.