Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Rey Baltar


Ramón Rey Baltar (Padrón 5 de abril de 1882 - Gerli, Arxentina 1969) foi un escritor e xornalista galego.

Estudou na escola de don José María Vidal Cepeda e posteriormente medicina na Facultade de Santiago, remata en Xuño de 1904.Ramón Rey Baltar

En política estaba vencellado coa ideoloxía de Castelao; foi nomeado médico de pobres no Consello de Padrón pero é deixado cesante en 1910 por motivos políticos.

En 1912 ingresa como médico da Mariña; en 1914 emigra a Arxentina e dirixe varias institucións médicas.

Médico e poeta publica varios libros. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.
Foi presidente da Irmandade Galeguista en Bos Aires.

Os seus discursos eran en galego.

Médico de profesión exerceu en Padrón e en Bos Aires. Fundador do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega.

Durante, al final de la guerra o en momentos posteriores van recalando en Buenos Aires: Luis Seoane, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste y Carmen Muñoz, Ramón Rey Baltar, Lorenzo Varela, J. Otero Espasandín, José Núñez Búa, Elpidio Villaverde, A. Alonso Ríos, Basilio Álvarez, Álvaro Mª Casas, Suárez Picallo (sólo momentáneamente entre 1954 y 1956, desde Chile, donde estaba exiliado) y A. Rodríguez Castelao.

Morre en Bos Aires o día 2 de xullo de 1969.

Na localidade de Gerli, Avellaneda, na provincia de Buesnos Aires, en Arxentina hai unha praza que leva o seu nome e que foi inaugurada o 25 de xullo de 1987.

 


FONTES: GALIPEDIA, WIKIPEDIA, MUNICIPIO DE GERLI, CERVANTES VIRTUAL, ETC.

FOTO: ESCULTURA ADICADA A RAMÓN REY BALTAR EN PADRÓN, A CORUÑA