Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Avelino Díaz

 


Avelino Díaz foi un escritor galego, chamado o poeta de Meira, nado na Órrea, Riotorto, en 1897 e falecido en Bos Aires en 1961.

Emigrou en 1921 para a Arxentina, onde xa estivera entre 1910 e 1916. Avelino Díaz

Traballou como obreiro ao mesmo tempo que comezaba a súa labor como escritor e periodista.

Alí en Arxentina dirixiu os xornais Galicia, Lugo e Opinión Gallega.

Colaborou tamén en publicacións como A Nosa Terra, Galicia Emigrante e Céltiga.

A súa terra natal constituíu sempre o tema central da súa obra e da súa vida e a ela dedicou o seus tres poemarios, un deles baixo o título Flor de retama, escrito en castelán e os dous restantes, Debezos e Pallaregas en galego.

En eles evoca a paisaxe e o ambiente dos seus primeiros anos de vida en Meira sen deixar por iso de lado o seu espíritu loitador e a súa visión crítica sobre Galicia.

Foi membro do Consello de Galiza e do Centro Galego de Bos Aires.

Entre os seus poemas máis reivindicativos, nos que anima ao levantamento contra a opresión existente no país, se atopan os Once poemas a Castelao, que foron editados pola Comisión de Cultura do Centro Lucense, despois do seu pasamento acontecido en Bos Aires en marzo de a961.

 

Obra

Flor de retama, 1947 (poemario en castelán)
Debezos, 1947 (poemario en galego)
Pallaregas, 1963 (poemario en galego)

 

Fuente: Galipedia e outros