Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

"O gaiteiro de Soutelo", por Castelao

Artigo e caricatura publicado no xornal "Galicia", o 10 de agosto de 1924



Caricatura do gaiteiro Avelino Cachafeiro feita por CastelaoUn feireante duvidou do trunfo, quizais porque alá nos seus tempos escoitou a Ventosela... E as xentes descorazoadas prepararon o esprito pra recibi-la nova d'unha inxusticia.

- Os premios danse por empeños e o gaiteiro non-os ten.

O día rendeu moito e todos tiñamos un concurso de gaitas nos miolos. ¡Que regalía dos ollos se pudésemos destapa-las cacholas de toda ista xente! porque compre non esquecer que os máis orixinais decorados críanse na maxinación do pobo aldeán.

- ¿E si Avelino se corta? Mirai que tocar alí non vos é o mesmo que tocar en Soutelo.

E no serán do seguinte día velahí ven Avelino cos seus irmáns -todos vestidos o xeito enxebre- tocando unha muiñeira que lle erguía o rabo ó mesmo canciño de San Roque. O pai do gaiteiro, na porta da casa botou un foguete.

Avelino gañara o primeiro premio.

- Ben-o decíamos: non hay quen poida co gaiteiro de Soutelo.

E as xentes da montaña alentaron con fachenda. Eu entrei con todos na casa do gaiteiro e sentín que tamén me tocaba parte do trunfo porque o arrufío da emoción corríame polas costas. O pai, a nai e o irmán, dende'a sorrisa dos seus beizos, dixeron a unha:

- Contade.

Y-o irmán paqueno contou:

-Eu tamén gañei o terceiro premio. Deixáronme tocar e toquei. ¡Se vise, meu pai, que ben me saiu a alborada!

-Pois ganaches un traxe, rapaz.

Aquela noite escoitei dende'a cama como as mozas cantaban

Toca gaiteiriño toca,

meniñas, correi a vel-o

qu'é moita gaita a gaitiña

do gaiteiro de Soutelo.

Alá polo mes de Xullo do ano 1924 Castelao veraneaba en Soutelo. O 25, día de Galicia, unha festa prohibida por aquel tempo polo dictador Primo de Rivera, o Gaiteiro ganaba o tradicional certame de gaita de Compostela, o que lle otorgaba aos seus vintecinco anos o título de "mellor gaiteiro de Galicia", amais de ser un dos premios mellor doutados en cartos da época.

Cando Avelino volve a casa, Castelao está presente na celebración familiar e asinou en Soutelo un artigo conmemorativo do trunfo, cunha caricatura que se fai célebre co tempo. O artigo ten por título "O GAITEIRO DE SOUTELO" , aquí debaixo en forma textual: 



Namentres acolá en baixo rebulen as xentes con acontecementos inventados polos homes eiquí na montaña as xentes siguen rebulindo cos acontecementos da Natureza. Un día de choiva fai falar máis que un troque de réximen político.

No concurso de gaitas de Santiago presentábase o gaiteiro de Soutelo y este acontecemento extraordinario preocupou as xentes como se fose un acontecimento da natureza. E falábase moito e facíanse pronósticos.

- Hoxe é o día y-o gaiteiro baixou onte xa.

Castelao, 10 de agosto de 1924.


FONTE DA INFORMACIÓN : www.terrademontes.com

 

VIDA DE AVELINO CACHAFEIRO, O GAITEIRO DE SOUTELO

VOLTAR Á SECCIÓN MÚSICA