Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Oficios artesanais: instrumentos musicais

A gaitaO costume na construcción e interpretación dos nosos instrumentos musicais tradicionais, tanto de corda, coma de percusión ou vento xa se atopa documentado en Galicia, dende os séculos XI e XII, o que supón unha longa historia.

Pero foi no século XIX, coa aparición das bandas e a popularización dos gaiteiros (calquera membro dunha agrupación musical) cando comeza a tomar pulo a construcción de instrumentos musicais, tendo en conta a estreita relación que tiña que haber entre o mestre artesán e o instrumentista xa que, cando menos, era imprescindible que o creador soubese toca-lo instrumento que está concibindo e cumpri-los requisitos que se lle esixían. 

De feito, así coma o artífice adoita ser músico, este último hoxe en día xa non é artesán. Concretamente, os cursiños e recomendacións para que os gaiteiros constrúan as súas propias palletas, non conseguen que isto se converta en práctica habitual. Pola contra, o artesán é palletista, é afinador, e toca.

GAITAS

Este instrumento de vento, tamén denominado "aerófono", segundo outras clasificacións, tivo de sempre unha vida moi ligada a Galicia. 

gaitaDe aí, os diferentes contrastes, estudios, combinacións instrumentais e variadas situacións melódicas que lle teñen influído ó adaptarse no especial contexto galego. Xa no pasado (aparecen noticias escritas sobre a gaita durante o reinado de Nerón e supúñase que el sabía tocala) un cambio musical de tipo práctico motivou a súa orixe. Nace da unión dunha frauta e un fol de pelello de can ou de "gaits" -cabra- para conseguir reforzar co mencionado obxecto a resistencia pulmonar do músico. 

Nos anos 40 e 50, a escaseza de pel de cabra en Galicia provocou a necesidade artesanal de producir foles de gaitas feitos con materiais alternativos. Así, comezou a empregarse: a goma (que aínda se usa hoxe anque menos debido a numerosos inconvenientes, como se-lo desafinado a causa da retención de humidade e o dano producido ás restantes partes do instrumento), o charón (aconsellable sobre todo en nenos e xoves que empezan a tocar porque practicamente non necesita coidados, anque a súa calidade e escasa) o coiro de tenreira, ademais de intentar recupera-lo fol de cabra. Estes dous elementos naturais teñen a vantaxe de que facilitan unha boa afinación durante máis tempo. Por outra parte, conservan ben as madeiras e partes vexetais máis sensibles, xa que absorben a humidade producida polo uso con axuda de diversos líquidos que se empregan para curtilos e pecha-los poros (usábase o aceite de pata de boi, - que xa non parece ser recomendable e que se aconsellaba nalgunha bibliografía sobre este tema, e tamén augardente ). É bo mollalos, cando estean endurecidos polo desuso. Os citados materiais so os máis solicitados polos gaiteiros profesionais.

Tamén o elemento vexetal da gaita, a madeira, tivo que axeitarse nos últimos tempos ó contexto real de Galicia posto que a rápida deforestación está deixando contados exemplares de buxo, que era o mais indicado, e agora faise necesaria a importación de madeiras exóticas, coma o pao santo e o granadino, que posúen demostradas calidades na fabricación doutros instrumentos da mesma familia, pero que encarecen considerablemente a producción das gaitas.

ZANFONAS 

Figuras do pórtico da Gloria tocando a zanfonaEste complexo aparello de corda é curmán dos violíns e fillo do celebérrimo "organistrum";, que ata o século XII reinaba absolutamente nas interpretacións musicais relixiosas. Este instrumento medieval, que foi recuperado en Vigo no 1984 mediante as precisas probas documentais do Pórtico da Gloria santiagués, debeu de ser tocado por dúas persoas: o mestre, que accionaba o teclado, e o axudante, que accionaba o manubrio -manivela- exterior para que unha roda fixera vibra-las cordas pulsadas polas teclas.



A zanfona consta tamén de cordas, teclado e roda, pero a súa caixa de resonancia redondeou a forma do organistrum e diminuíu o seu tamaño. Foi o obxecto musical preferido polos xograres, pero acabou caendo en mans de cegos e esmoleiros que o tocaban sen coñecementos e desvirtuaron o seu prestixio social. No 1952, Faustino Santalices, avogado e musicólogo ourensán, conseguiu construír unha zanfona partindo dos restos doutra vella e deteriorada, probablemente unha das últimas pegadas galegas do instrumento nese momento.

Como ocorre coa madeira da gaita, a zanfona debería facerse da autóctona nogueira negra, mais a súa escaseza obriga ó emprego doutras árbores máis caras e foráneas: ciprés, pradairo, abeto alemán, pao santo, que teñen recoñecido prestixio noutros instrumentos de corda como a guitarra ou o violín.


INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

A pandeiretaA tradición popular galega creou numerosos instrumentos de percusión que serviron e serven para acompañar á gaita e as voces. Aínda que imos tratar algúns instrumentos feitos por artesáns, hai que recordar que tamén se pode axudar a nosa música de moitas formas...coas palmas, co estalo dos dedos, coas tixolas, latas de pemento, ou tixoletas (anacos de madeira que se axitan e emiten un son moi marcado e animado).

A percusión constitúe un grupo primordial nos ritmos galegos a modo de acompañamento de gaitas, cantos ou danzas. As esixencias musicais do actual contexto galego, así como as influencias chegadas doutros países de cultura celta a través dos intercambios que supoñen os certames e festivais folclóricos (Lorient, Ortigueira, Pardiñas,... ) orixinaron formacións novas como as bandas de gaitas. 

A combinación de tantas gaitas , coa sonoramente feble percusión galega, fai que estes instrumentos queden sen efecto. Os parches de pel e os bordóns de tripa dos tamborís son, polo tanto, nas bandas substituídos polo plástico e o metal, de maior estridencia. Un cambio peculiar acontecen cando xurdiu a esixencia musical do uso de costelas de porco como instrumentos de percusión, que acabou derivando nos obradoiros artesanais nas tarrañolas tradicionais -de madeira ou pizarra- que cunha estructura alongada e plana imitan a súa orixe animal, pero perfecciona o obxecto ó facelo máis manipulaba e cómodo entre os dedos dos bailaríns. 

Así e todo, outro elemento natural, as conchas de vieira, mantiveron a súa orixe e uso no acompañamento da gaita ou cantos e non se transformaron en peza de obradoiro, motivado quizais polo seu simbólico significado relixioso, relacionado co Apóstolo Santiago.Instrumento musical

O charrasco foi tamén outro dos instrumentos recuperados do esquecemento. Consiste nun mastro (pao) de madeira alongado, que na parte superior ten un bastidor con varias filas de ferreñas e un cable que, ó ser golpeado, fainas vibrar. Utilizábase en festas barulleiras, onde era protagonista o ruído, como o Entroido, sobre todo nas zonas de Curtis e Ulla.

En xeral, non existe unha especialización definida na dedicación a corda (zanfona, arpas, salterios...) percusión (castañolas, pandeiretas, pandeiros, pandeira -coma a pandeireta pero sen ferreñas e de máis tamaño- charrascos, tamboril, caixa, bombo) ou vento (gaita, frauta, chifres de pastor, requintas...). 



PALLETAS PARA GAITAS

No punteiro está encaixada a palleta. Segundo os artesáns, esta constitúe o 50% da calidade sonora da gaita e tamén o seu elemento máis fráxil. Trátase de dúas canas unidas nos extremos e introducidas nun bidón (tudel) ó que se fixan atándoas. Ó pasar o aire polas canas, vibran, e iso é o que confire o característico son da gaita

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "galicia 2000: Cultura popular", Xunta de Galicia.

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ