Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Oficios artesanais: traballos con metais

Traballos con metaisSon varios os traballos con metais que se poden atopar en Galicia:

Forxa e Ferrería:  na nosa terra o traballo do ferro tivo unha grande importancia ata comezos deste século, as ferrerías estaban instaladas achegadas ós xacementos do mineral de ferro, na zona do Caurel (Ferreirua, Ferreiros, Ferrería do Incio, etc. na provincia de Lugo) e na provincia de Ourense.

A súa producción principal era a de armas e ferramentas para o campo, tanto para o mercado local, como para exportalas fóra de Galicia.

Nos últimos anos, as forxas fóronse reducindo, ó desaparecer boa parte da demanda no campo (ademais de producir obxectos de ferro, colocaban as ferraduras ó gando). Algunhas delas aínda perviven gracias á estima polas boas ferramentas de corte tradicionais (coitelos, fouces, gadañas, machadas... ) ou polos seus particulares usos en Galicia que non son atendidos pola industria (fouces, trepias,etc). Outras conseguiron reconverterse cara ó mercado da forxa decorativa, e producen reixas, portas, balaústres, elementos decorativos, esculturas, etc. 

Ourivería, pratería, xoiería, acibechería 

Traballos con metaisSon termos directamente relacionados coa tradición artesanal de Santiago de Compostela, anque na actualidade existan moitos obradoiros en toda Galicia que producen unha ourivería (como termo xenérico) con trazos autóctonos. Veña todo isto ou non das abondosas pegadas arqueolóxicas dos tempos célticos e as súas xoias rituais ou diferenciadoras de tribos, castes ou rangos (torques, virias, lúnulas, arracadas, diademas, etc.), o certo é que a ourivería galega tradicional discorre paralelamente ás crenzas relixiosas ou pagás. Boa mostra diso podemos atopala en calquera museo eclesiástico (como o da catedral de Santiago) ou nas calidades atribuídas ó acibeche de seu (as pedras de acibeche usábanse como talismán sendo indiferente a feitura que se lles dera).

A pratería como oficio diferenciado dos demais que empregan metais preciosos salienta por encargarse dos traballos máis especializados e complexos, repuxados, cicelados, vaixelas e obras de volume como trofeos ou artigos relixiosos (copóns, sagrarios, ornamentacións, etc.). A capital de Galicia foi desde o Renacemento (s.XVI) un dos centros españois de máis importancia en canto á producción de obras históricas de pratería.

O papel do acibeche na ourivería galega é fundamental, e practicamente tódolos artesáns o utilizan dalgún xeito nas súas creacións.Curiosamente o material procede principalmente de Asturias e nalgúns casos de Portugal e Aragón. É tradicional a súa talla, que contou con importantes mestres no último século, como Enrique Mayer.

A meirande parte dos obradoiros de ourivería e acibechería están asentados en Santiago de Compostela e contan cunha Asociación Profesional que vela para garanti-la calidade da súa producción.

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "galicia 2000: Cultura popular", Xunta de Galicia.

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ