Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

As construccións galegas máis representativas

As construccións máis representativas da arquitectura popular galega son as seguintes:

O cruceiro é un dos monumentos populares máis representativos de Galicia. Ten un marcado carácter espiritual. Soe situarse no centro dalgunhas prazas e encrucilladas, como referencia inequívoca e ostentando certo gran de solemnidade. Moitos deles foron construídos por persoas ou pobos, por algunha promesa, como pago dalgún favor recibido. Consta dunha plataforma, pedestal, fuste, capitel e cruz. En ocasións aparece a cruz núa, sen ningún tipo de figura, pero xeralmente predomina a imaxe do Cristo crucificado, que pode ir acompañado doutras personaxes e elementos bíblicos. 

O peto de ánimas é unha pequena construcción de pedra alusiva as ánimas que vagan polos camiños e non atopan o descanso no purgatorio. Dispón dunha hucha na que se poden introducir moedas en favor das almas errantes, para que descansen definitivamente no ceo. Unha vez alí, intercederán por quen realizou o donativo. Só o peto, que representa ás almas en pena, soe aparecer a cruz núa ou con Cristo triunfante. 

O hórreo O hórreo ou cabaceiro é unha construcción de singular importancia pola súa fermosura, que caracteriza a paisaxe galega. Ten a importante función de servir coma secadoiro e almacén do gran dende a prehistoria. Experimentou un maior desenvolvemento a partir da introducción do millo en Galicia, no ano 1604, polo almirante Gonzalo de Castro e a súa muller Magdalena de Luaces. En ocasións aparece illado, nun espacio preto da casa labrega, pero a maior parte deles soen agruparse na eira, formando un conxunto arquitectónico de indubidable interese.

Os muíños de auga, parte en uso e parte en estado case ruinoso, desenvolveron unha importante actividade na elaboración de fariña para o consumo humano e animal. O tamaño e a forma poden variar, pero todos eles dispoñen da súa canle, gradilla, cubo, canetón, pechadoiro, rodicio, aquillón e rá, mesa, tempero, veo, traque, moa, pe, quenlla e moxega.

As pallozas, típicas da zona dos Ancares (provincia de Lugo) , son construccións circulares ou elípticas, realizadas en pedra, madeira e palla de centeo (colmo), destinadas a vivenda, corte e almacén. Son das máis primitivas vivendas de Europa e datan das épocas prerromanas.

A casa labrega tradicional soe ter paredes de grande grosor, construídas con pedras de distintas formas e tamaños. Normalmente ten forma irregular, debido a que as condicións propias do lugar sobre o que se asenta condicionaron a súa construcción e a que experimentou ampliacións ó longo dos anos, para acomodarse ás necesidades. A planta baixa está ocupada polo patio, as cuadras, o galiñeiro, algún palleiro, a leñeira, o depósito de apeiros e en moitas ocasións tamén aparece a lareira . Na planta alta sitúanse as habitacións, a cociña de ferro, a despensa, as salas, galerías e o corredor. Moitas das dependencias dispoñen de alacenas labradas nas paredes para gardar aparellos.

As vivendas mariñeiras son as casas situadas en poboacións costeiras na zona das rías galegas nas provincias de Pontevedra e da Coruña. Son estreitas construccións de dúas plantas nos baixos das cales hai soportais e locais para garda-los aparellos de pesca. Na planta alta está a vivenda con galerías de cristal, corredores de madeira ou patíns de cantería. 

O pazo é a casa solariega galega, situada no campo, de maior tamaño e ostentación que a casa labrega. Algúns pazos son señoriais e suntuosos, debido a que pertenceron á nobreza galega, mentres que outros son máis rústicos e corresponden a acomodadas familias agrarias.

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "Galicia 2000:   A arquitectura popular galega";     Xunta de Galicia.