Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Os petos de ánimas

Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia, e son unha das manifestacións materiais do culto ós mortos, da devoción polas ánimas. 

Galicia é un pobo profundamente relixioso, sentimento herdado dos seus antepasados e afincado en tradicións de santos repartidos por toda a nosa terra. É xeral a crenza en milagres, pequenos e grandes, e para todo se pide o favor do Ceo.

O significado dos petos de ánimas

A crenza da continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ó Peto de ánimas ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida, está moi arraigado na mentalidade popular galega. 

Dentro das construccións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio . A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de asegurarse a propia. 

Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Cotobade lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes que harás...". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".  E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos - Señor y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".  (páxina 97) 

A súa orixe 

As almas do purgatorio son a meirande devoción galega despois de Cristo e da Nai; e, anque o culto teña a súa raigame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.Peto de ánimas

A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construcción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ó século XVII.

Localización e dimensión


As encrucilladas aínda inspiran temor ós naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ó enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá, de aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados. 

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo, pintura…, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro

O Culto ós Petos de Ánimas


Tamén é habitual que ó pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar ós vivos; pídeselles axuda para solucionar algún problema, e colócanselles flores no seu recordo, pois hai que telas sempre presentes. As ánimas, sobre todo, ténselles respecto e non se poden esquecer nunca.

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "Galicia 2000:   A arquitectura popular galega";     Xunta de Galicia.