Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

AS PALLOZAS: reflexo do patrimonio cultural de galicia

A serra dos Ancares, no límite das provincias de Lugo e León, conserva aínda os últimos exemplos dunha das máis primitivas construccións do continente europeo e reflexo do patrimonio cultural de Galicia : as pallozas...

Pallozas en Cebreiro Esta construcción tradicional da zona, dedicada a vivenda de persoas e animais ata hai poucas décadas, mantén unha gran similitude coas edificacións dos antigos castros prerromanos, polo que a súa existencia supón a conservación ó longo do tempo do reflexo das vellas cabanas célticas e retrotráenos ó berce da nosa historia.

Galicia conta , na actualidade, cunhas 250 pallozas, que están principalmente na vertente occidental da Serra de Ancares, nas parroquias de Donís, Pando e Cereixedo, anque outros moitos lugares e concellos da montaña luguesa tamén contan con exemplares illados desta construcción. 

Característica da palloza

A palloza é unha construcción circular ou elíptica, realizada en pedra, madeira e palla de centeo Pallozas (colmo), destinada a vivenda, corte e almacén. Persoas, animais, apeiros e alimentos compartían o mesmo espacio, especialmente nos longos e duros invernos da zona. Esta organización permitía afrontar os temporais invernais sen necesidade de saír ó exterior.

No centro da palloza acendíase o lume, que servía para cociñar e para quenta-lo habitáculo. Ó seu redor estaban os distintos espacios, separados por uns rudimentarios tabiques construídos con táboas,espacios destinados a dormitorios, cortes, despensa, almacén de alimentos para os animais, almacén de leña, etc. Ata o forno estaba dentro da palloza.

Partes e elementos

En toda palloza podemos atopa-las seguintes características: 

Constan dunha base ovalada, sobre a que se levanta un muro, cunha altura media de 1,70 m. Todo o conxunto cóbrese de colmo, palla entrelazada e cosida que fan as veces de cordas que atan o tellado. Este descansa sobre o pao que se coloca no centro de cada semicírculo, chamados pes de armar, acabados nunha bifurcación, tesoirada. Cada un remata nunha lousa situada no chan. E, en canto á bifurcación de cada pao hai unha viga, o cume, da que parten cara ós muros unha serie de madeiros, tiradores ou cangos. En cuanto ó interior, cómpre dicir que soen estar divididas en dous grandes partes, metade para as persoas e metade para o gando. E na parte destinada a vivenda pode atoparse a lareira e tamén unha pequena habitación. Palloza

Hoxe en día, as pallozas xa non se usan como vivendas, e ó perder esa condición quedan convertidas unicamente en corte, palleiro ou almacén de productos agrícolas. Entón, comeza o seu deterioro. E simultaneamente a súa perda de valor e a diminución da poboación, fai que se vaian perdendo os oficios necesarios para construír ou manter unha palloza, ata o punto de que hoxe son contadas as persoas capaces de amañar ou substituír o tellado dunha destas construccións. Esta situación agrávase coa desaparición progresiva do cultivo do centeo, do que se obtén a palla coa que se constrúen os teitos, e o encarecemento da madeira de castiñeiro, parte fundamental da construcción.

Por este motivo , e por ser parte moi importante do patrimonio cultural da nosa terra, na actualidade, emprendéronse tarefas destinadas á súa conservación e a facilitar de novo á súa posta en valor. Algunhas delas xa foron restauradas, e continúan, en xeral, dedicadas a usos agrícolas e gandeiros, aínda que outras serán destinadas a usos culturais e sociais.

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "Galicia 2000:   A arquitectura popular galega";     Xunta de Galicia.