Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

OS HÓRREOS

O hórreo (piorno, canastro, cabazo, cabaceiro) é unha das construccións típicas de Galicia e complementarias da vivenda rural. Está destinada a garda-lo millo e outros froitos. A súa forma e o seu nome, varía dunhas comarcas a outras, aínda que todos cumpren as condicións fundamentais de ventilación para o secado do gran e de defensa contra os roedores.

Hórreo Polo que respecta á arquitectura popular, hórreos e muíños representan as construccións máis importantes, por canto na economía tradicional o gran foi o elemento primordial da alimentación da poboación galega durante séculos. Despois da incorporación do millo ó sistema de cultivo produciuse un enorme incremento na producción de cereal, que comportou a construcción de gran número de hórreos, nos que se gardan as mazorgas e as espigas, e de muíños, nos que o gran se converte na fariña que logo se coce para face-lo pan.

Sobre a súa orixe, existen varias teorías, pero o máis probable é que xurdiría en plena cultura castrexa como almacén ou secadoiro de grans. De calquera xeito, o clima húmido durante o inverno en Galicia e a necesidade de illa-los alimentos, en especial, os cereais, esixiría a utilización dalgún recipiente, seguramente un cesto pendurado ou sobre pés, o que daría orixe ó primeiro cabazo.

As primeiras noticias históricas sobre o hórreo atopámolas en diversos autores romanos, nos séculos I antes de Cristo, e descríbense dunha feitura moi semellante ós de hoxe. Na Idade Medía aparecen debuxados por primeira vez nas Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio (século XIII).

Están constituídos por cámaras xeralmente rectangulares coas súas paredes de pedra e madeira con cuberta de tella a dúas augas e algúns adornos -cruces e pináculos-, que descansan sobre pés ou cepas de pedra e, en ocasións, sobre celeiros (espacio baixo a cámara pechado por paredes que poden ter distintos usos), a fin de protexe-lo cereal da humidade do chan e máis dos roedores, para o cal os pés soen levar tornarratos -ou tamén chamados moas-, habendo que acceder a eles por escadas de man. Normalmente, para facilita-la ventilación destes graneiros, ademais de ter físgoas para o aire, dispóñense en lugares abertos nos que o vento circula con facilidade.

Hai hórreos construídos totalmente de pedra e igualmente de madeira, mixtos (pedra e madeira), outros feitos de varas de carballo, castiñeiro e salgueiro. A cubrición realízase con tella, palla, granito ou lousa.

TIPOS DE HÓRREOS

A maioría dos hórreos son de pedra , de madeira ou mixtos, de pedra e madeira. Os hórreos con cámara integramente de madeira son escasos. 



O hórreo de madeira

Aparece normalmente apoiado sobre seis pés dereitos, troncocónicos e coroados por seis moas coa cara superior convexa, que sustentan unha cámara de madeira construída por unha armazón normalmente de castiñeiro, sobre catro trabes que forman a grade enriba das que se montan, nas esquinas, catro columnas que reforzan o conxunto e formando na parte superior outra armazón semellante ás trabes, denominadas soleiras ou "contravigas", que servirán de base á cuberta. O tellado a dúas augas. Esta tipoloxía é a máis vulnerable ó paso do tempo.

 

O hórreo mixto

Xorde polo incremento do cultivo do millo durante o século XVII. Presenta moitas variantesHórreo na campiña constructivas; nalgunhas parroquias rurais é a variedade maioritaria, favorecida pola riqueza granítica e forestal dos nosos montes. Súas paredes penais son de pedra, nunha das cales, polo xeral, vai a porta, e as costais de madeira, a veces con algunhas columnas de pedra intercaladas, levantándose nalgúns casos sobre pés redondos ou cuadrangulares e noutros sobre cepas; hai tamén hórreos que son variantes do anterior coas paredes dos costados na metade inferior de pedra, cos respiradoiros horizontais, e a metade superior de madeira.

A diferencia dos anteriores os tellados adoitan estar adornados con elementos decorativos, o arcipreste, a cruz, o reloxo de sol, unha representación escultórica.

 

O hórreo de pedra

Este tipo de canastros acadan a miúdo un valor constructivo e arquitectónico que os converte en apreciadas obras de cantería. A súa aparición dátase a partir do século XVIII, adquirindo unha gran perfección formal nas zonas graníticas da Galicia atlántica. 

Outra variedade son os cabazos, de planta circular e feitos con vimbios sobre unha estructura de paos, antes moi numerosos, máis hoxe en día xa case desapareceron por completo

O hórreo, dada a súa función de garda-la colleita, froito do traballo de todo o ano, ten para ó labrador Os hórreos de Lira e Carnota unha enorme importancia, ás veces superior á casa. Por esta razón presta moita atención á calidade da construcción e á busca da súa localización, a súa orientación, e coida dunha boa aireación que seque os cereais. Esta busca orixinou nalgunhas aldeas verdadeiros campos de hórreos, por situalos tódolos veciños no mesmo lugar.

Tamén, o hórreo, é a manifestación externa da situación económica do seu dono. A súa capacidade mídese pola lonxitude expresada en pés. A maior número de pés, maior riqueza do labrador. 

O hórreo, tamén pode ser de varios donos, polo que se divide interiormente e cada un ten acceso independente por portas distintas. Os hórreos de maior dimensión corresponden case sempre a igrexas, mosteiros, ou pazos, que outrora foron propietarios da boa parte das terras; pódense nomear : O de Santa Baia de Araño (Rianxo) que mide 37,30 m de longo por 2,40 m de largo e ten celeiro, e O de Santa Comba de Carnota que mide 34, 80 m por 1, 90 m con 22 pares de pés.

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "Galicia 2000:   A arquitectura popular galega";     Xunta de Galicia.