Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Libro " Descubrindo Gulans "

Autor: Arístides Carrera Lorenzo

LIMIAR

Velaquí, amante do sendeirismo, un fermoso traballo de investigación sobre as posibilidades que o rural ofrece para desenvolver actividades diversas en relación co medio natural e humano. Nesta ocasión, ademáis de entrar en contacto co espazo, trátase de facer un percorrido polo tempo, a través da historia dunha parroquia. Estamos, pois, no contexto máis ampio dos actuáis paradigmas de investigación na ciencia social, focalizando o obxecto de estudo na temática local.

Nunha parroquia coñecémonos todos, con moitas cousas e actividades en común. Porén, foi arredor de 1973, sendo eu presidente do Tele-Club de Guláns, cando organizamos unhas recordadas veladas culturáis. Ademáis de Manolo de Adolfo, monitor, e demais vogais, xunto con Constante González Groba, que acababa de deixar o Seminario e iniciaba os estudos que o conducirían ata hoxe como recoñecido catedrático de Literatura Norteamericana na Universidade de Santiago de Compostela, pensamos en facer algo distinto. Sacamos tempo de onde non o había. Eu estaba a rematar os estudos de Maxisterio. Xa o ano anterior, coincidindo coas festas, baixo a advocación da Virxe da Saúde, coa finalidade de incrementar os fondos da exigua biblioteca parroquial, puxeramos en marcha unha campaña do libro, xunto cun concurso escolar, de debuxo e pintura, no que participou un número considerable de nenos e nenas dos grupos escolares. Dos que me lembro acadou o premio de debuxo para maiores Ángel Porto Porto, de Pereirido.

Ademáis dunhas concorridas audicións musicais comentadas, que iniciamos coa "Primavera" do ciclo das Estacións de Vivaldi, e da representación dunha obra de teatro, grazas á xestión de Constante, que tamén interviña no reparto de actores, e onde o aforo do local quedou tremendamente pequeño para o público congregado -moitos mirando incluso polas ventas, dende fóra-, ocorréusenos valemos dalgunha "queimada" para achegármonos á actualidade de entón, facendo aguda crítica de cuestións sociais, sobre personaxes típicos de Guláns, con cancións improvisadas, acompañadas de instrumentos musicais e demais. Aquilo foi memorable. Aínda hoxe se lembran os, daquela, cativos. Un deses rapaces era Arístides Carrera.

Arístides creceu. Cursou a formación profesional na especialidade de .dministración de Empresas, fixo estudos de técnico interiorista na jquitectura e de Graduado Social na Universidade de Vigo. Hoxe é un idustrial respectable. Sacou tamén tempo para o deporte. Sobre el escribía seu curmán Terio Carrera en "A historia do deporte en Guláns", a propósito as Festas da Saúde 2010:

O caso de Arístides inclúe seis temporadas ñas que mostrou un carácter aguerrido, solidario eos compañeiros e con condicións na montaña. Por algo adestraba polo "ALPE D'HUEZ de Guláns", a subida a San Cibrán. Arístides, cuia estampa sobresaia no pelotón, correu no CC. Condado, no CC. Spol do Porrino, e no CC. Vigués. Gañou probas en Redondela, en Vigo, foi profeta en Guláns (nun día de felicidade para toda a familia), en Noia, Pontevedra, Lugo, Asturias, León... Correu varios campionatos de F.spaña como amateur e deixouno para centrarse na sita vida empresarial e universitaria. Pagou a peaxe das incompatibiladades.
Pero Arístides non esquece aqueles primeiros anos de descubrimento do rundo cultural, xunto coas clases dos seus mestres e mestras, de i. Prudencio, D.a Amparo, D.a Amalia ou de D. Francisco. Precisamente, nun os correos electrónicos que nos intercambiamos deixaba nítida e fiel onstancia daquelas lembranzas, que me permito a liberdade de reproducir algún dos seus parágrafos:
Lémbrome moito da primeira tv. que había no teleclub e da revista lele-radio.
Nunca me olvidarei 'dos artistas' que actuaban pola noite, que entre outras cousas dicían '...eu non sei, o (...) anda a dicir por ai que o filio de (...) é un pantarma'...
Da canción que cantaban..."carrascal, carrascal"... "el campo de fútbol de Gulanes... ...¡pero si en Gulanes no hay campo de fútbol!".
A primeira vez que mirei teatro onde estaba un rapaz que andaba preparando a roupa para facer a primeira comuñón, ou algo así. ¡Dende entón non perdo os teatros!
Precisamente cando cstiven como presidente da Cultural, xunto eos poucos pero excelentes compañeiros/as do cadro directivo, intentamos recuperar aqueta liña de espectáculos. Así presentamos obras de teatro (nuns improvisados "escenarios" debaixo de carpas con vento e pasando moito frío), tamén quixemos facer pequeñas exposicións sobre o relacionado ca nosa cultura... talamos eos rapaces novos para facer "aquel teatro espontáneo da nosa parroquia"...
...Pero o que buscábamos, ademáis de divertir aos vecinos, foi en seguir demostrando que era urxentementc necesario dispor dunhas instalacións axeitadas cun salón de actos ben acondicionado para voltar a por en escena aqueles citados espectáculos que scmpiv tiveron tanta aceptación.
O libro-guía que agora ten ñas súas mans, da autoría de Arístides Carrera, ace coa finalidade de dar a coñecer, a través dunha mostra de rutas de endeirismo, algúns dos lugares máis emblemáticos da parroquia de San ulián (ou Xián) de Guláns. Están rexistrados os lindes da parroquia, a rografía, os muíños, moitísimos cruceiros-', algunhas das construcións máis 2nlleiras, os lugares telúricos c de culto, a historia ou apuntamentos sobre tradición musical. En ocasións, como o espazo é libre, percorre tamén coa úa ruta as parroquias próximas.

Cada itinerario, cuidadosamente enmarcado nunha vista aérea, inclue as características do camino, o nome dos lugares polos que pasa, a duración do traxecto, o nivel de dificultade e unha selección de excelentes fotografías do percorrido. Pero é, ao mesmo tempo, unha guía de carácter histórico a partir da microanálise de determinada documentación ao alcance.

Ademáis dunha guía estamos diante dun traballo de historia local, moi en consonancia —como xa adiantamos antes— eos actuáis paradigmas de investigación histórica, que nos permite achegarnos á vida dos pobos. Sobre esta cuestión escribía hai xa bastante anos Clodio González Pérez, que se ocupa das térras do Condado:
La historia local, la historia del pueblo donde hemos nacido o donde vivimos es la que nos sirve de base para aprender, conocer y vivir la historia nacional. Sin ella, sin ese soplo de historia sentida y vivida por nosotros, que tuvo como protagonistas a nuestros antepasados, jamás llegaremos a adentrarnos en el ayer de la humanidad. Hay que partir de lo concreto, de lo conocido por todos, a lo abstracto, a lo que nos es desconocido.

Chamounos especialmente a atención o carácter dalgunhas fontes das que parte Arístides Carrera, no tesouro que encerran modestas publicacións como os simples programas de festas, arredor da Virxe da Saúde, que agora se ponen en valor. Caemos na conta de que estas sinxelas edicións con motivo duns festexos, que dalgunha maneira nos recordan a antiga "literatura de cordel", tupámonos con coidadísimas achegas de gulanseses e forasteíros que se toman sempre moi en serio este tipo de actividades.

Dende o punto de vista estrutural o libro-guía comprende varias rutas, con reminiscencias na distribución bíblica dos sete días da semana. Todas as rutas teñen o seu punto de saída no lugar da Abesoureira4, no barrio da Devesa. O traballo ten, pois, o valor engadido de converter o parque da Abesoureira nun centro cultural e deportivo da parroquia, o que é de agradecer. O outro centro pertence ao conxunto da igrexa, cemiterio e igrexario, dende un plano relixioso e tamén arquitectónico. Un terceiro, no propio lugar, correspóndelle ao colexio público Feliciano Barrera, na dimensión escolar. Á parte, entre outros, o barrio de Couso, ou mesmo San Cibrán.

Son moitas as posibilidades que esta publicación ofrece a modo de policromía. Ende ben, dende a miña especialidade profesional, e como se pon de manifestó na Introdución, entendo que lie pode servir tamén de guía, de complemento ou como manual didáctico, á axeitada acción formativa que reciben as nenas e nenos das nosas escolas, para o que temos a honra e o privilexio de contar co colexio e os seus mestres e mestras, que con facilidade elaboran nalgunha unidade didáctica.  

Trátase dunha obra moito máis rica do que puidese parecer a simple vista, con valores que paga a pena descubrir. Como sucede neste tipo de traballos, ao longo das rutas deseñadas vanse sucedendo as paisaxes, os costumes, os nomes de cada lugar, a historia. As notas a pé de páxina amósansenos imprescindibles na lectura do texto. O autor non se limita só a describir con minuciosidade: rescata antigos documentos, furga ñas formas naturais dos penedos, fai aguda crítica, achega ideas.

Somos conscientes de que queda moito por facer. Algo se apunta, por exemplo, sobre o meigo san Cibrán e o seu famoso libro. Mais queda sen recoller o conxunto da tradición oral, dos refráns, contos e lendas, das crenzas sobre cada lugar: os potenciáis perigos atribuidos ao mover o marco "de la Piedra da pata" (con este nome figura no valioso "Interrogatorio correspondiente a la feligresía de San Julián de Gulanes" do Catastro do Marqués de Ensenada de 1752, que, con moito acertó, Arístides pon ao noso dispor nos Anexos), o ouro soterrado no Padrán, a meiga de Laxe mollada, "o brazo de mar de San Cibrán, o penedo da Sobra, os mouros..., con potente valor simbólico ou etnográfico; a Groba e as tribos castrexas dos grovios; os xogos e necesidades lúdicas no sistema sociocultural; os recordos a nivel parroquial da guerra da Independencia, das de Cuba, Marrocos e da guerra civil5; os oficios, a tradición artesa, musical (bandas, orquestras, gaiteiros, ranchos de reis); a flora e a fauna; as esfolladas e muiñadas; os apeiros de labranza, a colleita, o vino, o pan de millo, a tradicional venda de legumes, co labor calado das nosas nais e avoas; o rateo ou reparto para o regó (a poza de Eiró, o regó das Laxes, as pozas e pozos, en xeral); a distribución dos quiñóns no monte. Algo se di na mesma Introdución. Non se podía incluir todo. Sería obxecto doutras investigacións. Nos mesmos temos iniciadas algunhas liñas de traballo.

Algúns lugares no conxunto da parroquia saen máis favorecidos ca outros polo deseño das propias rutas. Coas ferramentas das que se disponía é verdade tamén que algunhas das afirmacións aventuradas hai que entendelas a modo de hipóteses de traballo, de camino aberto para o futuro. Pero, realmente, estamos diante do resultado dunha investigación do medio social, cultural e humano, feita con seriedade e compromiso, á que se lie dedicaron moitas horas, importante tamén desde o punto de vista educativo, con posibilidades de comunicación entre a veciñanza, entre avós, pais, fillos e netos.

Coñezo a fondo este traballo porque tiven a sorte de que Arístides invitara a participar nel coas miñas achegas. A bo seguro que os vecinos Guláns e, en xeral, os amantes do deporte, da cultura e da historia recibirán moito agrado este agasallo, feito con moitísima ilusión, non exento de calidade.

Como testemuña privilexiada no seu proceso non nos queda, pois, n que felicitar e agradecer a Arístides Carrera Lorenzo por este riguroso esti de textura fresca e profunda, sobre o noso benquerido Guláns; estudo definitiva, sobre a vida dunha parroquia, que, como retos para o futuro, d sustentarse no dinamismo equilibrado e no respecto das súas xentes, os 5 barrios e lugares. De ai tamén o mérito e utilidade deste importante trato máxime nuns tempos de cambios de toda índole, tan intensos e vertixino incluso dende a súa dimensión axiolóxica.
 

 

Anxo Serafín Porto Ucha
Profesor titular de Didáctica e Organización Escolar.
Especialista en Historia da Escola en Ga

 

1 Con anterioridade fora presidente Cándido Porto Porto (da Barroca), amigo da infancia, co que iniciei os estudos do Bacharelato na escola de D. Manuel Tombo Paz, en 1 956.
 

2 A partir, principalmente, dos traballos de Moné Fernández Álvarez e de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, xunto coas achegas dos vecinos.

3 "Nota editorial", en Ponteareas, ocho artículos de Clodio González Pérez, Vigo, Edicións Vigo, 1 977, p. 7. Nos referímonos ao lugar como Abesoureira porque así é como consta no Diario Oficial de Galicia (DOC) do 11 de outubro de 1 996, polo que se establece a normativa oficial dos barrios de San Xulián de Culáns, a propósito da galeguización, recollendo tamén o nome anterior do Catálogo. Como nome propio do parque figura A Abesoureira, Abesoureira", A Visoureira, etc.


5 O estudo das consecuencias da incivil contenda de 1936 pode resultar paradigmático a partir da microanálise dunha parroquia como Culáns, cun forte movemento político e social arredor da Sociedade de Candeiros e Agricultores nos anos inmediatamente anteriores. Véxase, entre outros traballos, Anxo Serafín Porto Ucha, "O ensino no Concello de Ponteareas no primeiro terzo do século XX (1900-19361", Soberosum. Revista de Estudos Museo Municipal de Ponteareas, n° 3, pp. 121-1 35.


6 Sobre os xogos populares galegos, dirixín no seu día a tese de doutoramento de Francisco Manuel Veiga García, Xogo popular galega e educación. Vixencia educativa e (unción de identificación cultural dos xogos e enredos tradicionais, Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Didáctica e Organización Escolar, 1998.