Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Antón Tovar

  Antón TovarANTÓN TOVAR naceu no ano 1921 en Rairiz de Veiga, Ourense. Viviu alí un tempo, e logo a súa familia trasladouse a cidade de Ourense. Iniciou a carreira de Filosofía e Letras no ano 1940. Deixouna para entrar como novicio cos xesuítas en Salamanca.

No ano 1942, deixa o noviciado, e nese mesmo ano gana unhas oposicións a funcionario de Facenda. 

Nos anos sesenta entraría no Partido Comunista. Por ese motivo, foi obrigado a dimitir do seu posto de funcionario en 1967. Anos mais tarde, rexeu unha librería ourensá.

Antón Tovar  empezou a publicar poesía en castelán, mais pouco a pouco foi derivando cara ó monolingüísmo galego. O seu primeiro libro na lingua galega é  "Arredores" (1962), mais  no 1960 foi galardoado co primeiro e o terceiro premio nos Xogos Florais de Guimaraes por dous poemas en galego que despois incluíu na devandita obra. 

Escribiu  "Non" (1967), "0 vento no teu colo" (dentro de Poesía galega completa 1974), "Calados esconxuros" (1980),  "Berros en voz baixa" (1990)  e "A nada destemida" (1991). 

A súa cualificación como poeta é a de nostálxico, realista, desacougado existencial. Tovar canta o home na súa tristeza , máis tamén na súa esperanza... 

O 2 de decembro de 2001, tivo lugar , no seu pobo natal, unha homenaxe por ser considerado un dos máis grandes poetas galegos vivos.