Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Antón Tovar

O can

No, como ter,
nunca tiven un can,
i aquíl que tiven non foi meu,
o dono era meu pai.
Era un can de coellos
Era no val
de Celanova.
Entón era eu un neno; xa fará
trinta anos disto.

Lémbrome dos seus ollos verdemar,
da pel soave e do seu rabo
movéndose no ár.
Chamabámoslle Sil;
lémbrome dil, deitado nugallán
ó pé dun neno
cos ollos no miragre do animal.
Batíalle eu na testa, das orellas turráballe,
rubíame ó seu lombo..., i o Sil tiña un ollar
manso i adurmiñado.

Iba con nós ó monte e no toxal
ventaba a lebre cos fuciños,
i o rabo a abanear.
Xogaba eu cos bugallos,
redondos coma mundos polo chan,
i o Sil deixaba os coellos
e viña ó pé de mín e do meu pai.

Tiña unha vista adurmiñada,
misteriosa e sangal...
Eramos tres en Celanova:
eu, o Sil e meu pai
como un deus outo
levándome da man...
Meu pai morréu hai anos.

Eramos tres no val.


[Poesía galega completa.
Madrid: Akal, 1975]