Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Eduardo Blanco Amor

Fragmento da peza teatral que dividimos en dúas partes, a preparación do xantar e a cacería.

Segundo fragmento: a cacería:

A LEBRE DAS ÁNIMAS



FLORINDO, (rapaz duns trece anos. Chega todo abafado coma se perdese os alentos).-iXa as corrín todas, ata a do Setesaias, o xastre, que non me deixou entrar na cociña, pero guichei por unha fendela que dá ó curral ... !
RAPOSO.-¿E que aibiscaches, meu fillo?
FLORINDO.-Témo-lo mellor xantar de todos...
ADULIA.-¿Non cho dicía eu?
FLORINDO.-...menos un.
RAPOSO (á muller).-¿Non cho dicía eu? (ó rapaz) ¿E quen é?
FLORINDO.-O ferreiro.
RAPOSO.-¿E logo que ten que nós non teñamos?
FLORINDO.-Ten lebre.
RAPOSO.-Raios o partan, ferranchín do carano, traicioneiro... que aínda me dixo onte, na taberna, que non tiña máis que estofado de vitela e peixes de río. ¡ladrón! E agora sae con ¡so... ¡Unha lebre! Unha lebre en tempo de veda... Ten tratos co demo non hai dúbida... ¡Voulle poñer unha denuncia na garda civil, así Deus me dea!
FLORINDO (moi animado).-Pois si, unha lebre grande coma un cabalo. Tena colgada e escarranchada no corredor para que lle dea o serao, e abambéase mesmamente coma un gallardete. Non a puxo á vista ata agora, á mañá, por mor das envexas que din que as apodrecen ... Pasou todo o lugar a vela. ¡Que lebre, sandiós!
RAPOSO.-iGabancioso, famento... ! Ogallá se lle abichoque ... En tempo de veda acarnízanse de seguida...
FLORINDO.-iBoh, que se vai acarnizar ... ! Agora mesmo a van a estofar con chícharos, xamón, mais cebola, que llo oín dicir á muller, que o dixo a berros. E aínda o ferreiro, cando me fitou botouse a rir dicindo: « i Escondédea, que o Raposo mandou ó fillo para que nola encetase cos ollos». Eu tireille un cantazo e vinme correndo. Coido que lle atine¡ á lebre... Pero, a verdade, é que daba gusto vela alí,toda escarranchada, abambeándose...
RAPOSO. -¡Cala a boca, barallán que en todo semellas ser fillo de túa nai!
ADULIA.-iAnda, coña!.Xa sabía eu que a lebre tiña que-ver comigo... ¡Agora teño eu a culpa de que o ferranchín cazase unha lebre... ! Ademais tería que vela eu. ¡Fíate de rapaces! ó mellor é un gato esfolado que puxeron alí por gabancia... Xa sabernos como é o ferreiro.
FLORINDO.-iQue gato s  en gato! ¿E logo non vin eu a pelica grande como a dun año?
RAPOSO (enrabechado de todo).-¡Cala a boca ou...
FLORINDO.-Está ben si señor.

-Quedan un tempo en silencio. Soamente se oen os ruidos da cocina. 0 Raposo cavila fondamente.

ADULIA (chamando).-iAi, Xesusa! Tráeme o pemento e mailo ourego que están aí, na artesa... ¡Demo, como.queima este testo! (Falando co home). ¿E logo quedas aí cavilando? ¡Va¡ dar unha volta, home!
RAPOSO (de súpeto, decidíndose).-iFlorindo! Tráeme a escopeta...
FLORINDO.-¿Queee?
ADULIA.-¿Seica toleaches?
RAPOSO.-A nova, a de dous cañóns.
FLORINDO.-¿Pero para que, meu pai?
RAPOSO.-Supoño que non será para arxona-las cepas.
ADULIA.-¿Pero que che deu nesa cabeza, home? ¡A¡, Dios mío ... ! Acouga
home, acouga... Mira que... Pois mira que eu...
FLORINDO.-Aquí a ten, e mailos dez cartuchos que quedaban...
RAPOSO (a Florindo, mentres colga a escopeta do ombreiro).-ilmos!.
FLORINDO.-¿Pero a onde meu pai? ¡A estas horas a buscar lebres! ¡Vanse rir de nós!
RAPOSO.-Lisca diande de min sen falar máis ou rómpoche a cara. Pensades
que estou tolo? lmos á zarra da Marquesa, que onte víronse por alí cirallas. Vinas eu mesmo... Estaba todo o terreo estrado de cirallas.
ADULIA.-¿E non serían de donicela?
RAPOSO.-Ben, carafio... Agora non sei eu o que son cirallas de lebre ou de
donicela. ¡Imos!
FLORINDO.-Pero, meu pai, se a zarra da Marquesa queda a máis dunha legua.
RAPOSO.-Pois anque estivese a vinte... Temos que ter lebre ás dez da rnañá e terémola. ¡A min non me monta ningún ferranchín! ¡Andando! (vanse).
ADULIA.-iAi Xesús, Xesús! Este meu home toleou... ¡Eliseo, ai Eliseo ... ! Pois fóronse de certo... A¡, Xesús, dulcísimo Nome de María...

Ruídos de fonda de cocina, que empalman, ó pouco tempo, co zumbido do vento contra as penas e carpazas no cumío dun monte, ata predominaren estes.

FLORINDO (Con voz cansa).-Eu non camiño máis, meu pai, aínda que me cosa o cu a patadas... Ardenme os pés e xa non aturo máis a calor... Sentémonos un pouco aquí, a este ventiño...
RAPOSO (case afogado).-Tes razón, que eu tamén quede¡ sen foigos. (Sentándose). ¡A¡¡¡! Préstame o pano, que o meu xa está que se pode torcer...¡Ai!... ¿E gastamos tódolos cartuchos?
FLORINDO.-¿E non os habiamos de gastar se vostede tirou contra todas cantas urces se abaneaban por estes montes ... ? Quedan dous cartuchos nos cañóns. Ben llos podía tirar a aquela cotovía, que semella estarse a rir de nós... ¡Para o que han servir! Adernais a mamá tiña razón. As cirallas
non eran de lebre senón de porco teixo. 
RAPOSO.-Ben, home ben, que sabes ti diso. ¡Vaite criar antes de falares destas cousas co teu pai! As de porco teixo son maiores do dobre, coma carabuñas de cirolas e máis redondeadas. (Pausa. Como talando para si).
¿Pero será posible que sendo hoxe a festa das benditas Ánimas, e sendo
eu tan devoto delas, me fagan esta porcaría?
FLORINDO.-Pero se aínda non se encomendou a elas ¿como o van oír?
RAPOSO.-¿E logo non lles mandei, ó comenzo da novena, o mellor año que tiñamos?
FLORINDO.-O año foi polo pleito do Maragato. Se quere outro favor tense que encomendar de novo, que, ademais estes días, co gallo das festas, han
de andar moi ocupadas.
RAPOSO.-¡Que ocupadas home, se son unha chea delas!
FLORINDO.-Pois así dixo o señor abade na novena, que cada manda era para unha cousa soa, que senón que se esquecían...
RAPOSO.-Ben, axeónllate al ti tamén, que dous fan máis forza... ¡Saca a pucha horne! Persígnate...
RAPOSO E FLORINDO (como talando polo naríz).-Pola siñal de la Santa Cruz, hum, hum... Nel nombre del Padre, del Higo, hum, hum, hum.
RAPOSO (carraspeo. Zoa o vento nas laxes. ó lonxe, toques ledos de campás tremando no limpo ceo montesío).-iBenditísirnas Ánimas del Purgatorio! Xa sabedes, e non é de agora, que son o voso fiel devoto. E como non teño tempo para botar de perda, neste intre de grandísimo compromiso, vouvos pedir un favor e facervos unha manda, pois como me acaba de dicir, aquí o inocente, o año que vos mandei foi para que iluminaséde-lo ladrón do xuíz no meu pleito co caloteiro do Maragato. Ben,
o caso é que preciso unha lebre de seguida, e nin sequera para min senón
para os meus convidados que veñen á vosa festa... ¿Por que carafio non
he¡ de ter eu unha lebre, se a ten o ferrachín, que voltou protestante de
Nueva York? ¿Que traballo vos custa facer saír un par delas, agora mesmo, aquí mesmo, poñamos por caso, por atrás daquel trovisco? Se isto sucedese, pola miña salvación prométovos solemnemente que unha delas terá de ser para vosoutras que desde agora queda prometida, e non se fale máis, tal como me chamo Elíseo, por mal nome Raposo. Pero a outra
será para nós, que ben sabedes que a merecemos... (Transícíón. Dírixíndose
ó fino). ¿Para onde miras ti, laparán?
FLORINDO (tatexando de emoción, coa voz moi baíxa e apurada).-¡ Mi padre, a¡ mi padre ... !
RAPOSO (acorado e con susto nas verbas).-¿Que tes meu fillo, atópaste mal?
FLORINDo.-Non papá, non papá... Alí, mire, ó pé daquel trovisco, catro ore¡las... ¡Dúas lebres, dúas... ! Xusto para os cartuchos que quedan nos cañóns...
RAPOSO.-iCala! Túmbate aí e non alentes...
FLORINDO.-A modo meu pai que non quedan máis que dous cartuchos...
- Unha pausa moí breve, mentres monta a escopeta. Sae o primeiro tiro
con gran estrondo.
RAPOSO.-Xa caeu unha. Agora coa outra. (Sona o segundo tiro. Pequena
pausa). ¡Vállate Deus ... ! ¡Que maneira de fuxi-la das Animas,coiro...



Eduardo Blanco Amor. Revista Grial, N.' 67. Galaxia. Vigo.

 

Extractado de "LINGUA 7°EXB X.A.Platero Varela-X.L.Álvarez Freire-M.Hermida García; editorial Galaxia / ediciones SM