Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Eduardo Blanco Amor

Fragmento da peza teatral que dividimos en dúas partes, a preparación do xantar e a cacería.

Primeiro fragmento: a preparación do xantar

 A LEBRE DAS ÁNIMAS

Mañá de festa maior nunha aldea da provincia de Ourense. Rumor de zafarrancho na cociña, preparando o xantar da festa patronal, que é a das «Benditas Ánimas del Purgatorio». Estamos na casa do señor Eliseo, o Raposo.


RAPOSO (falando coa muller, Adulía).-Poñede no augamanil as toallas de la- manisco e mailo xabrón de olor que quedou do ano pasado. A mesa aínda cheira un pouco a clorú e ha¡ que darlle unha fregadela con auga clara... 
ADULIA.-Ben, home ben; xa se fará todo... E vaite da cociña que non me gus- tan aquí os homes. De tanto mirares para o que fago trémanme as mans coma se tiveses mal de ollo e todo se me cae delas. Anda, vaite, faime o favor... 
RAPOSO (coma se non oíse).-Supoño que comenzarán a chegar a ¡so das once. Xa sabes que os de Ourense madrugan pouco e non lles gusta estar á misa... Hai que terlles un bo viño branco, ben fresco, que chegan todos lapeados coa calor despois de subi-la costa. 
ADULIA.-Si, home, si. Os homes, como pensades soamente unha vez por ano nestas cousas, seméllavos que só vosoutros sodes a pensar. ¡Vaite, vaite a ver se chegou o pan de Cea! 
RAPOSO.-Ben, xa me vou... ¿Estás segura de que o tes todo rematado?
ADULIA.-¿Que andas aí cheirando, home? Deixa ese testo... ¿Como hei ter rematado nada se son as sete da mañá e imos xantar ás dúas? Vaite dunha vez.
RAPOSO.-Ben, ben, xa me vou; déixame armar este pito... ¡Que non che se
esqueza nada, eh! Quero que sobre de todo.
ADULIA.- iAgora vés con ¡so! Hai tres días que non saco man disto. Xa están a
ferver vai para as tres horas, no pote grande, dúas galiñas que tiñan unha ensulla así de gorda, e mais dous lacóns... Chourizos ducia e media, e catro libras de carne de vaca. Tamén leva dúas androllas para o aquel da sustancia; outra ducia de chourizos de cebola e unha piscarralla de unto, que ós de Ourense non lles gorenta moito o arrecendo a unto, pero algo hai que pórlle para cura-lo bravú das verzas...
RAPOSO.-ós de Ourense gústalles moito o caldo; e algúns moi finos, ata lle
din «pote gallego», que é como lle chaman en Madrid.
ADULIA.-Pois dígoche que imos ter un caldo que leve o demo se non poden
botar ferraduras nel sen que afonden... ¡Agora vaite!
RAPOSO.-Agarda, muller. ¡so do caldo non está mal para comenzar. ¿E logo que máis tes?
ADULIA.-¿E que hei ter, home? ¡Ai, que castigo! ¿Non o sabes tan ben coma
min?
RAPOSO.-Saber, seino. Pero gústame oílo de novo, que é xa como emprincipiar a comelo...
ADULIA.-iDálle coxo dálle, ata que se acabe! Ben, témo-lo rnarrello de leite
que xa está adubiado para metérmolo no forno, xunto con eses dous cabritos que aí están para asar, ben rebozados con manteiga. As troitas xa están no escabeche vai para dúas semanas. Son só tres ducias, pero algunhas pesan máis de tres libras. As lampreas púxenas na salsa verde que me ensinou a irmá do señor abade.. Hai unhas postas de carne a estilo de feira, que tanto lles gustan ós vilegos. Aí, nese pote, teño a ferver catro rabos de poibo, cada un de cinco libras, para comermos cunha cachelada. As anquías van na empanada de merenda. Despois hai o requeixo, uns biscoitos borrachos que lle encarguei á Luzdivina, a costureira; roscas de cazo e améndoas de Alariz, e aínda outra clase de lambetadas de docería que me mandou, de Ourense, a nosa comadre Dona Aurora. Ata hai un doce así de groso, que lle chaman «brazo de gitana» que leve o demo se penso manxar del porque me dará un aquel coma se mordese en carne de cristián.
RAPOSO (logo dunha pausa cavilosa).-¿E nada máis?
ADULIA (de mal xeito).-¡Vaia home! ¿E logo que máis querías? ¿Que pendurasémo-la parella dos bois na gramalleira para dárllelos asados?
RAPOSO.-Mira, mulier... Ti sabes de abondo, que eu son dunha casa moi farta. E na miña casa os xantares de romaría non tiñan tanto aprecio polo que se comía senón polo que sobraba...
ADULIA.-iSi, e despois verzas con unto todo o ano ... ! Pois o que che digo é
que, fóra da casa do señor abade, que total para o que lle custa! e mais de don Argimiro...
RAPOSO.-¿... de don quen?
ADULIA.-... ben, de Folerpas, o «che», non hai en toda a parroquia quen teña
mellor xantar que o noso.
RAPOSO.-Si, ¡so mesmo vés dicindo toda a semana, pero non me fío. As mulleres sodes moi fantasiosas... Por seescaso, mandei o rapaz que fose por aí a cheirar polas cociñas, a ver que teñen os outros. Non te esquezas de que este ano temos máis convidados de Ourense que ningún, e tres deles de moito señorío... Dentro dun mes va¡ o noso pleito á audiencia e haise que precaver.
ADULIA.-iDitoso pleito! Xa nos ten levado aló, amais dos cartos, os xamóns e os chourizos de nove matanzas... E total, para unha caracocha de maceiras e tres cepas vellas... ¡Máis valería... !
RAPOSO.-Cala, muller, que ti non entendes diso. Non se pleitea en coiros. ¡A min non me asoballa ningún maragato! Velaí vén o Florindo polas cousas, pleitéase pola razón. E heino de seguir aínda que quedemos rindo. A ver que di...



Eduardo Blanco Amor. Revista Grial, N.' 67. Galaxia. Vigo.

Extractado de "LINGUA 7°EXB X.A.Platero Varela-X.L.Álvarez Freire-M.Hermida García; editorial Galaxia / ediciones SM