Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O "Barallete", linguaxe especial de oficio dos afiadores ambulantes ourensáns


por Xosé Antón Fidalgo Santamariña

 

Artigo publicado na revista  "RAIGAME",  Nro. 6, Maio 1998

(editada pola Asoc. Castro Floxo de Ourense, impresa pola Dep. de Ourense)



O PAPEL DO "BARALLETE" ENTRE OS GRUPOS DE AFIADORES AMBULANTES TRADICIONAIS:

O "Barallete" aparece con unha finalidade de servicio entre quen o empregan, e conseguiu manterse no tempo sobre todo pola protección que aporta ós colectivos argóticos. Similar ós vellos e auténticos argots aínda que non debamos confundilo con eles, o "barallete" aparece impregnado desa necesidade e fantasía que fixo posible ser aprendido e reproducido por quen trataron de supera-los problemas de toda índole, relacionados cuns oficios e modalidade de Afiadores existencia peculiares propias dos variados grupos da ambulancia clásica ourensán: Afiadores ambulantes, paragüeiros, capadores, prateiros, cerralleiros, músicos,mozos de carga, churreiros, xeladeiros,segadores e outros protagonistas da ambulancia tradicional. Limitándome ó colectivo dos afiadores ambulantes o "barallete" podemos concebilo como unha auténtica barreira protectora da modalidade de existencia e traballo que presentan sobre o plano da acción os microgrupos de afiadores tradicionais. 

Esta "linguaxe especial de oficio" que eles empregan alén da comunidade natal, pode concebirse como unha verdadeira arma a utilizar na loita pola vida no medio externo e agresivo, onde se desenvolve o traballo deste colectivo que o fala. Trátase dun vocabulario especial que non xorde espontaneamente, senón de forma claramente intencionada para mellor constituí-la auténtica barreira protectora dos seus propios intereses,e mostrar claramente que este colectivo de profesionais da ambulancia que o fala forma un grupo diferenciado que pensa, sente e xulga de modo diferente á sociedade fronte á que se fala. Elaborado artificialmente, transmitido por vía oral, soamente as xeracións xoves que se van incorporando ó gremio, e celosamente gardado ó longo da historia do colectivo, a xerga está destinada a non ser comprendida pola xente allea á especialidade.Pulido e perfeccionado nunha época en que a práctica da ambulancia ourensán foi máis prolífica que se corresponde con boa parte da segunda metade do pasado século XIX e da primeira do XX, estes ambulantes "non soamente o empregan a diario nas súas andanzas polo mundo, senón que tamén o usan ás veces nas conversas cos seus veciños" (Ramón e Fernández- Oxea, 1969:260). Pero esta utilización da xerga dentro das parroquias de orixe do profesional argótico, aparece como un feito ocasional e limitado a palabras soltas, nas conversas mantidas cos familiares e nas tabernas que frecuentan pola súa localidade,para apostillar algo no xogo de cartas, nas conversas cos vecinos e pouco máis. 

O verdadeiro ámbito de uso do "barallete" é o espacio profesional. Son os lugares de traballo e de descanso nocturno, onde o "barallete" se erixe como un verdadeiro "signum" de diferenciación e afirmación da diferencia deste colectivo ambulante, e de exhibición pública do verdadeiro núcleo identificativo que ofrecen os afiadores ambulantes á sociedade externa que os rodea. Tal como subliña P.Guiraud sobre a esencia do argot en xeral, semellante o que acontece con élas (cfr. Guiraud, 1912), tamén o "barallete" ven a constituir no colectivo dos afiadores tradicionais un singular "signum" identificador de clase, ou de grupo, que estes profesionais ofrecen como o seu auténtico referente identificativo xurdido tanto de motivos profesionais,no senso dado por A. Nicéforo de que "ocuparse diferentemente é falar diferentemente" (Nicéforo, 1912:24), como de razóns de tipo biolóxico, esto é, constituír un medio polo que estes profesionais conservan a súa existencia e resisten as presións do mundo exterior en que se moven. Nesta liña de análise, a súa linguaxe de oficio a podemos oncebir como esa arma a utilizar por estes profesionais na súa loita pola vida nos espacios de acción profesional. Coa súa creación e perfeccionamento progresivo, os membros da colectividade argótica propóñense non ensaiar novas formas de comunica-lo seu pensamento ós demáis, senón polo contrario de ocultárllelo ós estraños. Sumada a esta función protectora a propia identidade profesional,aparece o seu papel como medio de comunicación interna entre os membros do colectivo. As expresións dos diferentes afiadores informantes que fixeron uso da xerga nas súas saídas profesionais, afirmando de maneiras coma as que seguen: "falabámolo o 'barallete'] para que non nos entenderan os paisanos", "usabámolo entre nós nas feiras e nas pousadas para que a xente non entendese o que dicíamos", "o 'barallete' falábalo cando non querías que che entendesen, pero sólo entre ós", e expresións similares, constitúen outros tantos testemuños do seu papel de mecanismo 

Un terceiro aspecto desta linguaxe especial que debe ser resaltado, é a súa capacidade para facer destes profesionais que o falan un colectivo profesional particular e distinto. Coma calquera outro argot antigo, o "barallete" dispón da suficiente capacidade de diferencia-la colectividade que o fala, a fin de mellor integrar ós seus compoñentes nunha categoría especial de cidadáns afastados dos demáis. Sempre que o utiliza para se comunicar con outro, o falante sitúase nun espacio vital novo, separado da sociedade exterior fronte á que o fala, e tamén da poboación do seu territorio natal ante a que non precisa empregalo. Polo tanto, a xerga distanciáraos máis ou menos da sociedade englobante, segundo o estado de antagonismo en que o colectivo que a fala se encontre con relación a ela3. Os que decidan ingresar no colectivo de afiadores ambulantes e pertenceren á denominada por J. Ramón e Fernández-Oxea, a "gloriosa orde caneante da parafusa" (Ramón e Fernández-Oxea, 1963: 233), deberán aprender esta linguaxe especial reservada só ós iniciados.A súa capacidade para facer abandonar á persoa que o fala a súa condición de cidadán normal  para mellor quedar incorporado na categoría diferenciada do grupo profesional argótico, aproximando- la xerga ó ámbito en que se sitúan os diferentes rituais iniciáticos. Para mellor reflectir esta aproximación e adquirir un carácter de ritual de iniciación ó exercicio do modo de vida ambulante, o "barallete" preséntasenos como unha colección de voces e, aínda, de expresións de uso prohibido para quen non estea incorporado nos grupos de profesionais que o falan. Cal ritual iniciático, ó xove afiador ambulante faralle prescindir da súa lingua habitual para asimilar esta  linguaxe secreta propia da nova situación de ambulante, posibilitán dolle máis tarde o seu retorno á linguaxe xeral, agora coa conservación da nova linguaxe especial,que utilizará soamente en circunstancias dadas e cuns individuos dados. Así, por medio da súa linguaxe especial de oficio, ó colectivo seralle posible separalos aprendices do seu medio natural, agregalos ó novo medio ambulante e, finalmente, integralos do colectivo argótico fronte á sociedade exterior, así coma do de fonte de comunicación interna dos propios pensamentos, xuízos e desexos ó abrigo dos oídos indiscretos da mesma.Un terceiro aspecto desta linguaxe especial que debe ser resaltado, é a súa capacidade para facer destes profesionais que o falan un colectivo profesional particular e distinto. 

O "barallete" aparece impregnado desa necesidade e fantasía que fixo posible ser aprendido e eproducido por quen trataron de supera-los problemas de toda índole, relacionados cuns oficios e modalidade de existencia peculiares propias dos variados grupos da ambulancia clásica ourensán: Afiadores ambulantes, paragüeiros, capadores, prateiros, cerralleiros, músicos, mozos de carga, churreiros, xeladeiros,segadores e outros protagonistasda ambulancia tradicional.

Os novos afiadores solitarios trocan hoxe a vella protección que lles proporcionaba o "barallete", á que varios deles calificaron de "unha curiosa fala que agora xa non se leva", por uns comentarios xenéricos, unhas respostas evasivas, ou ben un mutismo prudente, sobre todo aquelo relacionado coa súa vella actividade profesional.Afiador

Pero o "barallete" mantívose sempre moi lonxe de constituir esa "curiosa linguaxe" sen trascendencia, que varios afiadores lle atribúen na actualidade. O seu papel pode considerarse fundamental, especialmente no tempo de maior desenvolvemento da actividade e creatividade argótica que encadraría, en base ós datos que dispoño, entre o período constituído polas tres derradeiras décadas do século XIX e as catro primeiras do actual. Sempre orientado a protexe- lo "estilo" de vida que imprimen ó seu nomadismo estes profesionais, as formas en que mostran a súa sagacidade e astucia derivadas do prolongado trato con xentes diferentes, a maneira de proxecta-la súa malicia aguda que tan ben recollen algunhas coplas que circulan sobre eles e, sobre todo, a súa capacidade para converterse nun verdadeiro punto de ancoraxe da propia identidade diferenciada do colectivo que o fala.

Todo eso converte a esta peculiar linguaxe de oficio non só no principal mecanismo de defensa e de ataque de que dispón o colectivo no interior da sociedade xeral, senón nun verdadeiro referente identificativo do oficio, un referente auténtico desa identidade centrada nunha forma especial de ve-las cousas e o mundo que os rodea, e nunha avaliación dos feitos e orientación das conductas que sitúan o vello colectivo de afiadores ourensáns nese lugar privilexiado que lle corresponde, no conxunto dos oficios ambulantes tradicionais.

Fotografía:: Revista Raigame, Nro. 6, Maio 1998.-

Ler máis:   De profesión afiador