Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Eduardo Blanco Amor

A ESMORGA ( Fragmento )



-Si, señor, seguía alí, a par de min. Quedárase así, engrudado na manta, co papo entalado no peito e os ollos pechos. Pero, polo visto, non durmía. Estarricábase cada pouco i abambeaba a cabeza coma se se arrolase, e
seguía rosmando polo baixo as ladaíñas que cantan as mullieres na eirexa... Nunha destas pegou a volta, quedouse a catro patas e baleirou
todo canto tiña no corpo, laiándose a cada pulo da trousada. Despois voltouse boca arriba e púxose a colear no bandullo estordegándose
coa dor. Como a luce aínda era pouca, acendín un misto e vin que tiña os beizos sanguiñentos e a cara branca, mazmida e cheia de suor... 0 día
viña vindo adispacio, i as cousas de a rente ao chau ainda non se distinguían ben no medio daquela boira...

Nestas foi cando se oíu, ao lonxe, un berro tremendismo, con voce de muller. Eu erguinme dun pulo, cando o brado asegundou aínda máis
forte. Despois seguiron outros máis curtos, coma afogados. A par de min estaba o Milhomes axexando. 0 susto escorrentáranos as mágoas.

-"¿Que é iso?", dixo, como querendo adiviñar.
- " ¡Que ha de ser ... ! esa besta que está coa Socorrito". E coa mesma boteime a correr todo canto me consentían os pes feridos, en precura do alpendre, que estaba a uns douscentos pasos afundido nun desnivel do tarreo,
caendo e erguéndome nos montós do ciscallo. Nunha destas o Milhomes adiantoume, pasando a par de min cunha navalla aberta na mau. Sacando forza de non se¡ onde, ainda o puiden acadar. Pilleino por un brazo para detelo, sen deixar de correr, e virou para min unha cara como endexamais lle tiña ollado, que era propiamente a dun home que non sabe o que fa¡.
-"¡Vaimas pagar todas xuntas ese cabrón ... ! ".
-"¡Párate al, Aladio, que te vas perder por ese canalla...!".

E foi neste instante cando me deu, para se ceibar, esta cortadela que teño no pulso por onde escomenzou a saír o sangue a tornos.

Con todo, non o soltei e xuntos chegamos ao alpendre e xuntos baixamos o cómaro que o arrodea, con tanto pulo que coasi nos escachamos descontra a porta, que se abriu de par en par. 
O Bocas apareceu, erguéndose dun recanto, escuro, cos pantalós a medio subir, deixando ver a branca pele da barriga por un costado... E sen dicir palabra deste mundo, o Milhomes alancou para el e dun golpe afundiulle alí a navalla e rachou con ela para un lado, sacándoa aixiña para lle asegundar máis abaixo, con intención de ferilo nas súas partes, con perdón sexa dito. 0 Bocas cangouse para adiante querendo recoller coas maus escoadas de sangue, aquela trouxa de cousas branquiñosas que se verquían pola tremenda boca da ferida. Aínda quixo rnanterse en pe, pero non puido, e caeu sobre dun costado, encollido e apreixando aquilo descontra si... 0 Milhomes surtiu e botouse a correr... Eu corrín tamén, pero foi ben pouco, porque as forzas que me quedaban esvaíronseme coa gran disgracia que acababa de ollar. 0 Aladio, que debía ir cego, colleu para a banda da lagoa, e aínda o vin dar unhas pasadas por enriba do xelo, que fixo, ao se crebar un bruído de cristaes escachados, e afundiuse, berrando ata desaparecer...