Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A Festa da Istoria, en Ribadavia

Esta tradicional actividade ribadaviense é froito dunha recuperación histórica cuio documento máis determinante atopouse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nun legado que data do ano 1693 pertencente ó Libro de Contas dos Procuradores Xerais da vila.

Logo da Fundación da Festa da IstoriaA actual versión da Festa da Historia é unha traslación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxen do Portal, Patrona do Ribediro.

Dentro dos obxetivos básicos da Festa da Historia, sobresaen a recuperación de tradición ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra. A posibilidade de divulgar máis alá de Galiza, unha parte da historia Galega, é posibel gracias ó esforzo conxunto dos veciños de Ribadavia, coa recuperación da istoria 

Neste ámbito a istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, zoqueiros, canteiros, cesteiros, e un longo etcétera de tradicións artesanais de grande incidencia na historia económica de Galiza.

A organización da Festa é responsabilidade dum amplo colectivo vecinal, que se renova cada ano, denominado Coordinadora da Festa da istoria. Está composta por vecinos que, uns a título individual e outros coma representantes de diferentes organizacións culturais do municipio, queren contribuir, asumindo Festa da Istoria en Ribadavia responsabilidades, a desenrolar ás distintas actividades que se realizan o día da Festa seguindo o criterio de traballo realizado en anteriores edicións.

O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente. Así téñense en conta as características e os nomes das edificacións e lugares onde se fai calquera actividade, para respetalas coma no medievo, non permitindo a circulación de productos non existentes naquela época, coma os envases de plástico, etc.

Tamén dase unha especial importancia á vestimenta. A coordinadora da Festa , conta con tres almacéns propios onde se ubican as diferentes posesións das que dispón. Así o almacén de madeira contén todo o correspondente os postos de artesáns, torneo medieval, vallas, etc. O de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer e vestimenta de convidados e membros que participan no evento. E o almacén de estandartes e barro posúe máis de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o teatro ... 

A Festa da Istoria celébrase en Ribadavia cada ano na última semana de agosto.


ACTIVIDADES DA FESTA DA ISTORIA

PREGÓN
O pregón

O pregón da "Festa da Istoria" serve para situarnos e introducirnos na historia medieval e na propia Festa, utilizando para iso un feito histórico real ou imaxinario relacionado con Ribadavia ou o Ribeiro. 

O Pregoneiro, persoa relacionada con Ribadavia e a "Festa da Istoria", trata de impregnar ós ali presentes do espirito do medievo para disfrutar dun día de lembranzas en paz e camaradería. 


BANDO

Un pobo culto sabe tratar sempre ós seus visitantes . Como todo Bando  este é un anuncio e unha proclamación dun acontecemento , neste caso festivo , que pretende invitar a ribadavienses , ribeiráns e forasteiros a facer súa a alegría da festa. 

Bando Un heraldo que percorre acompañado por músicos con percusión as rúas e prazas da Vila. fai públicas disposicións e requerimentos para embelecemntos de fachadas e fiestras, para a limpeza das rúas , para a oferta , suministro e presentación de viños e alimentos e , moi especialmente , para asegurar a circulación da moeda oficial da festa:   o marabedí. 

Despois das noticias e prescricións, remata o Bando de la Istoria : 

"...E por último ordenaron e mandaron , que ó que a comida e bebida se refire sexa de abundancia de anos anteriores , así coma a hospitalidade da que é habitual neste termo. Que na saída da comitiva repiquen todas as campás que na vila hai e que tanto as casas do vecindario , castelo dos Sarmientos e casa do Concello  se fagan ondear ó vento tódalas bandeiras e insignias do Condado , ó vento da nosa historia , que se abran as páxinas máis belas e creativas dela , para que ese vento traia a Ribadavia unha Istoria feliz para todos".

(Cita do autor : Samuel Eijan o Meruéndano). 


O DESFILE

Cando un pobo representa o pasado enorgullécese da súa historia. O Desfile, acto inicial da Festa, é a actividade máis espectacular e multitudinaria. É a representación visual da Historia, tanto no referente ó distinto vestiario da época como as diversas actividades do día. 

Ordenadamente acompañan ó Rei os seus cabaleiros, o Cetreiro Maior e o paxe portador da espada. A Raíña marcha un pasos atrás, acompañada das doncelas e donas importantes do reino. 

O DesfileTrala Raíña, o Adiantado Maior de Galicia, tamén Señor de Ribadavia, que aparece acompañado dos seus cabaleiros a pé. 

A representación eclesiástica vai encabezada polo Bispo de Tui, diferentes ordes relixiosas e demais membros da Igrexa.

Posición destacada teñen os Notables da Historia, membros do goberno da Vila e os defensores (soldados e arqueiros) da fortaleza de Ribadavia e as súas murallas.  Acompañan á comitiva os cetreiros, as pezas de xadrez, os saltimbanquis, malabaristas, grupos de animación de rúa e o Pobo pecha o desfile. Abrindo paso á comitiva os señores da Vila (Xigantes) Don Pedro e Dona Ana e o Grupo da Historia, que interpretan o Antigo Himno do Reino de Galicia. 

O percorrido do desfile realízase pola rúa principal da vila e remata na Praza Maior, onde o Rei, a Raíña e o Adiantado Maior de Galicia teñen os seus tronos preparados para dar comezo ós actos da Istoria

 

BAILE MEDIEVAL

Antes do século XIII a información dispoñible é moi escasa. O pouco que sabemos sabemos procede de testemuños de pintura eescultura ou de referencias en literatura. 

Sabemos que en tempos dos trobadores entre as distintas clases de cancións estaba a canción para bailar o CAROLA, unha canción para acompañar dunha danza, que parece ser tivo dúas formas: a BRANLE (danza en Baile medieval corro) e la FARANDOLA (danza en liña) 

O século XIV, ten moi poucas referencias documentais sobre a danza, aínda omo recolle Boccaccio, no seu Decameron, os xoves bailaban dúas veces ó día despois das comidas, pero sen referencia ó tipo de bailes. 

Co século XV entramos no periodo do que temos constancia documental sobre a forma de danza e de cómo se bailaban. Son as chamadas BASSE DANSES de Nancy de 1445, as de CERVERA en Lleida e o coñecido como "LIBRO DE BASSE DANSE DE MARGARIDA DE AUSTRIA" da Biblioteca Real de Bruselas. En teoria a BASSE DANSE contén só catro tipos de pasos distintos: un par de simples, un número impar de dobles, un número impar de reprises e un paso chamado branle (unha media) 

O "Grupo de Baile Donas sen Cabaleiros"  composto aproximadamente por 50 voluntarias amosan ós visitantes na Praza Maior os modos de baile da epoca medieval.

 

ALHÓNDICA

A recuperación do marabedí coma moeda de uso exclusivo na  "Festa da Istoria"  foi un proceso longo e discutido dentro da Coordinadora e de moi difícil posta en practica no desenrolo da Festa. Hoxe en día cremos que esa arriscada aposta ten unha grande importancia no que se refire ó rigor histórico que se pretende e á propia financiación da Festa. 

É o seu uso obrigatorio nos postos da rúa e de artesáns e de uso recomendable en tódolos establecementos da vila. Cada ano imprímense marabedís de sete valores, que foron evoluíndo dende os seus comezos ata convertese en realizadas a plumilla de imaxes da propia Festa e monumentos de Ribadavia. Pódense adquirir coleccións numeradas de tódolos anos no que se usou coma moeda oficial. 

Banco AlhóndicaPara que todo isto funcione cóntase coa participación de voluntarios que se organizan por turnos para facilitar o numeroso cambio que se solicita. Ademais organízanse "Caixas Rápidas" que realizan cambios fixos, dando así axilidade ó troco por parte de veciños e visitantes. 

A primeiras horas da tarde xa se poden volver a trocar os marabedís sobrantes por euros. 

É tamén o chamado "Banco Alhondiga" o encargado de facer os cambios a tódolos postos, artesáns e negocios da vila en horarios establecidos pola Coordinadora. 


VODA XUDÍA

No pasado, e hoxe en día nalgúns círculos relixiosos, a elección da parella non era feita polos noivos senón pola A voda xudíapropia familia e dentro desta,  principalmente,  os pais eran os que escollían o futuro do seu fillo ou filla. 

A cerimonia efectuábase baixo un palio chamado "Jupá" . O oficiante, xeralmente un Rabino, era quen casaba á parella. Despois da cerimonia o noivo rompía cos pés unha copa de viño, amosando a súa ledicia polo casamento.

Dentro da "Festa da Istoria"  a voda xudía limítase a unha día representación do que foi unha realidade. A actividade é seguida por centos de persoas tanto na súa cerimonia como no percorrido polas rúas do casco histórico, debido á singularidade do vestiario e os cánticos sefardís que recrean o ambiente daquela época. 

 

XADREZ XIGANTE Xadrez xigante  

 Representación dun xadrez vivinte con personaxes vestidos de época.

 

CEA MEDIEVAL

A Cea Medieval lévase a cabo dentro da Igrexa da Magdalena, no mesmo centro do casco histórico. O número de persoas que poden participar é de cen e o prezo por persoa é de 45 Marabedís, podendo disfrutar de productos medievais nun entorno único decorado e engalanado para a ocasión. 


Cea medieval  Menú: 

* Empanadas de anguías e vieiras
* Castañas cocidas con chourizos
* Peixes de río, angulas ou lamprea. 
* Cabrito ó espeto
* Viños tinto e branco Ribeiro
* Doces artesanais
* Augardente de herbas
* Licores varios (mora, pera, etc.)

 


FONTES DE INFORMACIÓN:   www.ribadavia.net, www.festadaistoria.com e www.agalicia.com