Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Celso Emilio FERREIRO   

NENO ORFO CON CABALOS AO FONDO

("Longa noite de pedra", 1962)  

Celso Emilio Ferreiro

Pasaron os cabalos da noite e veu a ialba.

Madre,

iste é o país das bágoas.

Pasaron os cabalos da noite

agallopando.

Madre,

iste é o país do pranto.

Coma un vagalume senlleiro,

estar quixera

cheo de luz nos carreiros.

Pasaron os cabalos da noite

coma un vento mouro.

Madre,

os cabalos deixáronme orfo.