Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

As Irmandades da Fala


A sociedade galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.

Portada de NósAparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".

A toma de consciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á propiedade da terra, unida á evolución do galeguismo cara ó nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da língua.


Entre todos aqueles homes e mulleres de Galicia, solidariamente, mantense a idea de que a lingua galega constitúe unha reivindicación primordial. Trátase do máis rico tesouro do pobo galego. O día 5 de xaneiro de 1916, Antón Villar Ponte, dende a Voz de Galicia, comeza unha campaña a favor da creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego. 

As ideas do Provincialismo e do Rexionalismo tiñan o seu eco nesta proclama e así, o 18 de maio de 1916, nunha reunión na Real Academia Galega, acórdase a creación da Irmandade dos Amigos da Fala. A Nosa Terra, nesta segunda época, presentábase como "O boletín, o vocerio do ideario das Irmandades da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e de Portugal"

As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.


Casa de Antón e Ramón Villar Ponte en A Coruña

En 1916 na casa número 38 da rúa Real (A Coruña) dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte créanse "As Irmandades da Fala"

Cortesía de Foto Blanco

En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra. 

No ano 1920, o 25 de xullo, celébrase por primeira vez o DÍA DE GALICIA. Vicente Risco expresou daquela que o día do Apóstolo constituía a festa da Patria Galega, a festa nacional de Galicia. Os días 30 e 31 de agosto, no Balneario de Mondariz, a Real Academia Galega recibe como membros a Rei Soto e a Ramón Cabanillas.

Xa no século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Créanse organismos como as Sociedades Económicas de Amigos do País e a Academia de Agricultura do Reino de Galicia.

Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos. O contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.

Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".

Pancarta do Estatuto de Galicia: voto por SíAs Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estubios linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en Pontevedra, e moitas outras,ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

Os membros de "Nós", cunha ampla formación intelectual, marcan como finalidade a eliminación do lastre folclorista da cultura galega, mediante a súa actualización, normalización e universalización. A revista contaba coa colaboración de autores estranxeiros (portugueses, irlandeses, cataláns, franceses...), que a poñían en contacto coas correntes europeas, ademais de traduccións variadas e artigos, tanto de carácter científico (arqueoloxía, etnografía, antropoloxía, socioloxía...) coma literarios.

A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa cultura no contexto europeo: Arredor de si, Devalar ou Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo e Os europeos en Abrantes e O porco de pé, de Vicente Risco, son títulos que forneceron a nosa literatura de novas técnicas de creación que se estaban a desenvolver na literatura europea incorporándolle temáticas universalistas, lendarias e exóticas, urbanas e pensamentos filosóficos.

A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación, desde as Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, que logo pasa a ser Escola Dramática Galega.
Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na producción poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa, que pasa polo enfrontamento aberto coas formas tradicionais de poesía.

Merece mención á parte a figura polifacética de Castelao, clásico da literatura galega en tódolos Caricatura de Castelao xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio político (Sempre en Galiza, obra mestra do pensamento nacionalista galego) e outros titulos que reflicten conxuntamente a súa capacidade como debuxante e literato. A figura de Castelao entraña unha grande significación política plasmada na súa obra ensaística e na súa participació nactiva e directa na política do país (foi deputado da República nas filas do Partido Galeguista).

En 1931 créase o Partido Galeguista,que consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que a língua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este logro importantisimo non chegou a ter aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo o principio da máis crúa etapa para as línguas minorizadas do Estado español.

** Fontes de información: CRTVG, www.crtvg.es (Esp. Día das Letras Galegas) e www.diadasletrasgalegas.com


Escudo de Castelao

Voltar a:  25 de xullo, Día da Patria Galega

Fonte da información:  www.vieiros.org