Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

"Galiza é unha auténtica nacionalidade"

( retrinco de "Sempre en Galiza", CASTELAO )

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Galiza é unha auténtica nacionalidade. Tén un idioma proprio, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués cultivado literariamente cando a língoa de Castela andaba a gatas ; tén un territorio delimitado naturalmente, de formas doces y entranas duras, que foi unha illa de pedra cando Hespaña xacía no fondo dos mares formativos ; tén problemeas peculiares, de tan rara orixinalidade que sempre ficaron ao marxe das leis liberais de Hespaña e das arrepiantes preocupacións do mundo capitalista ; tén unha cultura autóctona, manifestada en arte e sabiduría popular, tan insulares como foi a nosa Terra en tempos xeolóxicos, tén predisposicións psicolóxicas que nos fixeron inasimilables â cultura e dereito de Castela, coma os bretóns na Franza e os escoceses na Inglaterra ; tén, se quixéramos -que non queremos-, caraiterísticas diferenciaes de raza, pois somos predomiñantemente celtas. Galiza, pois, é unha nacionalidade hispana, tan respetable como Castela e todol-os seus atributos son igualmente diños de respeto.

Non sendo posible negar a perduración dos atributos nacionaes de Galiza -xa ensaminados, un a un, no libro I- é doado estimar a súa soberanía natural, y esta xerarquía anterior e superior âs formas políticas, non pode satisfacerse con atribucións precarias e restrinxidas, concedidas por gracia do Estado unitario, é decir, pol-a ineisistente Nación hespañola, representada nas Cortes de Madrid ; porque Castela, e as súas rexións satélites, son maoría no conxunto hespañol, e co seu peso manteñen o caráiter subordinado dos demáis "seres" nacionaes, producindo unha antinomía antre a democracia e o liberalismo (o problema das nacións é liberal). Non ; a gracia do Estado sóio enche as necesidades d-unha simple rexión, particularizada en algúns atributos da nacionalidade a que perteñece. Así pois, o sistema de Estatuos autonómicos é inadecoado e até ofensivo para os cataláns, galegos e vascos. Galiza, como Cataluña y Euzcadi, é unha nación e, por consiguente, ten dereito a federarse con outros povos igoaes a ela ; e non reconecerlle o dereito de autodetermiñación -inclusive para vivir con absoluta independencia- será sempre un acto tiránico e antiliberal. Agora ben ; nós queremos ceder da nosa natural soberanía todo canto cedan as demáis nacionalidades hespañolas, a fin de constituirmos un Estado rexido pol-a máis pura democracia (democracia fundada na liberdade) onde sexa imposible o privilexio e a servidume.



Alfonso R. Castelao (páx 322-323 de SEMPRE EN GALIZA, Bos Aires, 1961)


Escudo de Castelao

Voltar a:  25 de xullo, Día da Patria Galega

 

Fonte da información:  www.vieiros.org