Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A Nosa Terra, o xornal portavoz das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista

Artigo extraído do xornal "A Nosa Terra", www.anosaterra.com

publicado  en 1997 co gallo de cumprirse entón  90 anos da súa primeira cabeceira

Cumpríronse en 1997 noventa anos desque comezou a publicarse a cabeceira A Nosa Terra. No seu devir contínuo pasou por diversas etapas, a máis dramática a forzada pola sublevación militar do 1936, que levou á publicación ao exílio arxentino, onde mantivo a continuidade da man dos patriotas galegos emigrantes e desterrados. 

Este artigo de Vítor Casas resume desde dentro aquela etapa de 1917 a 1936, na que o xornal foi portavoz das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, escribindo nas suas páxinas a totalidade das principais figuras do nacionalismo galego. 


Víctor CasasVíctor Casas publicou este artigo na revista Nós, en Xullo 1935. Casas dirixia A Nosa Terra en 1936, cando foi detido e despois dunha farsa de proceso fusilado en Pontevedra en Novembro, xunto a outras dez persoas. 

Xunto a Roberto Blanco Torres, Manuel Lustres Rivas ou Johan Carballeira integra a esteados xornalistas galegos mártires do 36 pendentes dunha grande homenaxe.

Apontes para unha história de 90 anos de xornalismo galego

por Víctor Casas


Vai facer vinte anos que comenzou a se pubricar o boletín "A Nosa Terra", nos seus comenzos órgao das Irmandades da Fala, iniciadoras do actual e grorioso rexurdimento patriótico galego, e hoxe portavoz do Partido Galeguista. Saeu o seu primeiro número nas rúas coruñesas o día 14 de Novembro do ano 1916. Pubricouse como decenal durante algun tempo. Tiña a súa redaición e adeministración no Cantón Grande no despacho do falescido poeta e gran patriota Xosé Iglesias Roura. 

Lembro ter mercado ese primeiro número na rúa ou nunha librería. Tiña eu dazaseis anos. Gustoume e seguín mercando até que aos catro ou cinco números suscribinme a el. Aos poucos meses ingresaba tamén na Irmandade da Cruña. Até a data.

Leva o primeiro número como artigo de fondo un tiduado «A bandeira ergueita» e firmado por Antón Vilar Ponte, seu casi iniciador e primeiro director durante moitos anos. Remata o artigo con estas verbas: 

«Este holetin é de todolos galegos. A súa dona é Galicia enteira. Non ten outra. Polo mesmo as súas follas serán dinas de se coleicionar. Perpetuarán o pensamnto d-unha época».


A Nosa Terra

Verbas que resultaron d-unha videncia absoluta. Unha coleicion de «A Nosa Terra» é un tesouro que temos que estimar fondamente os poucos que o poseemos. Vinte anos da vida de Galicia, da millor e mais histórica vida de Galicia están nas suas páxinas. 

Salvo moi pequenas e pouco frecuentes intermitencias «A Nosa Terra» pubricouse normalmente. Resulta certamente curioso ollar como algúns dos nomes que nos seus comenzos figuraron como colaboradores, por figuraren tamén nas Irmandades, cando estas eran ainda unha cousa sin defiñir nin intervención na política galega, foron máis adiante nemigos do galeguismo atal e como nócribimos moitos as nosas primeiras verbas. Foron moitos os que nas súas paxinas deitaron a cotio e en colaboración máis ou menos periódicas as millores roitas do futuro da Terra. Despois de Antón Vilar Ponte, Luís Porteiro, Xoán V. Viqueira, Lousada Diéguez, por non citar mais que os mortos. N-outro aspecto, Ricardo Carballal, Iglesias Roura e algúns mais xa tamén desaparescidos. Amado Carballo e Manuel Antonio deron aos lectores de «A Nosa Terra» as primicias da sua obra poética. 

Ernaba dende Ourense alonxada das Irmandades cuia ourentación levaba a da Cruña. 

Foi entón que desiñada unha redaición do boletín comencei eu a ter ao meu cárrego, ademais da adeministración que xa tiña, a tarefa de se preocupar da sua pubricación.


Dende entón e cada día máis fun adequerindo esa obriga que culminou nos sete anos da dictadura na que moitos números escribinos casi por enteiro. Esta etapa da dictadura, sobor todo nos primeiros anos, foi verdadeiramente heróica. Hai números que aparescen casi por enteiro machacados os orixinaes por supresión da censura. 

Un día tiven que soportar no seu despacho unhas cantas groseiras impertinencias do Gobernador, Muñoz Garde, por mor d-un anaco tachado pol-a censura d-un artigo no que se falaba da absurda división provincial hespañola. Ao tal Gobernador non lle cabía na cabeza que se poidera non estar conforme coa división por provincias e permitiuse adicar ao autor do artigo unhas cantas insolencias. 

O autor era Pedret Casado. A cousa tivo ainda máis gracia cando lle manifestei de quen se trataba. Ao lle decir que era un sacerdote permitiuse dubidar das miñas verbas decindo que un sacerdote non podía escribir semellantes cousas.



«A Nosa Terra» mantivo en todo aquel tempo, mouro e dificil para as nosas ideas, o lume aceso do galeguismo. 

Cando Casal con Leandro Carré fundaron a Editorial Lar con aquela imprenta, pequena en medios pero subrime en propósitos, «A Nosa Terra» comenzouse a pubricar por «Lar» o 25 de Xulio -Día de Galicia- do ano 1925. Até o número 271 en 1º de Maio de 1930 que durante unha tempada pubricámola en Betanzos. Cinco anos en que Casal facéndoa, Carre e máis eu escribindoa, con algún colaborador como Otero Pedrayo que era asiduo e poucos máis, e eu adeministrándoa sostivemos a súa vida mantendo a través d-ela un contacto cos demáis galeguistas de Galicia que sirveu para que á caída da dictadura fose posíbel reorgaizar os cadros galeguistas que máis tarde en Nadal do 31, aglutináronse no Partido Galeguista. 

Nos comenzos do ano 32 a Irmandade da Cruña cedeu o boletín ao Partido Galeguista pubricándose en Pontevedra durante uns meses ate que novamente Casal, xa en Santiago, encarregouse da súa pubricación. 

Outra vegada, en Maio do ano 34, voltou para Pontevedra. Dende entón é aqui onde se pubrica e novamente dende Xaneiro do 35 voltou a ficar ao meu cárrego a súa direición e admimistración.


«A Nosa Terra» é hoxe leída en toda Galicia. A poboacion onde conta con maor cantidade de suscritores é A Cruña seguíndolle por orde numérico Lugo, Ourense, Vigo, Santiago, Pontevedra e Ferrol. Dos pobos grandes de Galicia. Ten suscritores en casi todalas vilas e poucos son os Concellos galegos onde non hai algún suscritor. Entre eles figuran gran cantidade de escolantes. Dos pobos de fóra de Galicia é Barcelona onde ten máis suscrición. Os irrnáns galeguistas daquela capital están suscritos a ela en número que casi chega ao medio cento. Síguelle Madrí en menos cantidade. A Bos Aires e Montevideo mándanse 50 exempraes de cada número a cada unha d-aquelas cibdades americanas, que os galeguistas e galegos emigrados lén con enteira devoción i-entusiasmo. 

Nos meios ruraes galegos lése moito A Nosa Terra» non somentes por aicion dos Grupos galeguistas sinón por contar con unha gran cantidade de suscritores directos que a espallan; chegando a conoscemento de milleiros de paisáns. N-esto os escolantes efectúan unha boa laboura da que ollanse a cotío os seus froitos. A súa tirada actual é de 1.100 exemprares semanaes. Da laboura patriótica que realiza o boletín non é mester falar. Abonda, como detalle, decir que é conoscida hoxe en toda Galicia e que con moita frecuencia recíbense na adeministración pedidos de números soltos determinados e abonamentos directos. 

Eis exposta, moi lixeiramente e de xeito cronolóxico, algúns detalles de nascemento, vida e actualidade d-este boletín que agora vai cumprir vinte anos de vida e actuación proselitista a prol da Causa de Galicia.


Rematemos este lixeiro traballo repetindo as verbas finaes do artigo de Antón Vilar Ponte no primeiro número:
«As súas follas serán dinas de coleicionar. Perpetuarán o pensamento d-unha época». 

Así foi. O seu vixésimo aniversario coincide con esta hora xurdia de Galicia. Hora xurdia na que «A Nosa Terra» tivo unha inxente e decisiva infruencia.


Fonte da información:  www.vieiros.org

Voltar a:  25 de xullo, Día da Patria Galega