Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

25 de Xullo : Día da Patria Galega


25 de Xullo, Día da Patria Galega

O 25 de xullo celébrase o día do noso país.

É unha data de fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao:

"a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".

AS ORIXES DESTA CELEBRACIÓN

PROCLAMA PUBLICADA POR "A NOSA TERRA" (1920)

PROCLAMA PUBLICADA POR "A NOSA TERRA" (1921)

PROCLAMA PUBLICADA POR "A NOSA TERRA" (1935)

"GALIZA É UNHA AUTÉNTICA NACIONALIDADE"

DISCURSO "ALBA DE GRORIA" DE CASTELAO (25 -xullo-1948

AS IRMANDADES DA FALA

A NOSA TERRA: PORTAVOZ DAS IRMANDADES DA FALA

MANIFESTO DA ASAMBLEA NAZONALISTA DE LUGO

"Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, Escudo deseñado por Castelao: denantes mortos que escravoshumanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.

Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.

Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares."

 

(CASTELAO, discurso "Alba de Groria" -  Bos Aires,  25 de xullo de 1948).

Escudo deseñado por Castelao

Fonte: www.vieiros.com